Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11310

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 7 de febreiro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 10 de decembro de 2021.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Emprego e Igualdade mediante a Orde do 10 de decembro de 2021 (DOG núm. 243, do 21 de decembro), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino ao funcionario que se indica no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada mediante a Orde desta consellería do 10 de decembro de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Fontela Baró, Judit.

DNI: ***9539**.

Grupo/subgrupo: A2.

Corpo ou escala: 1122-corpo xeral de xestión da Administración civil do Estado.

Código de posto: EM.C99.10.000.15001.001.

Denominación: xefe/a territorial.

Nivel: 28.

Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.