Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11379

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO das bases do Premio Otero Pedrayo 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 23, do 3 de febreiro de 2022, publicáronse as bases da convocatoria do Premio Otero Pedrayo 2022, que tramita esta deputación en colaboración coas restantes deputacións provinciais e coa Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 4 de maio de 2022.

As bases da convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e na páxina web da Deputación Provincial da Coruña https://www.dacoruna.gal/cultura/premios

A Coruña, 9 de febreiro de 2022

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

Miguel Iglesias Martínez
Secretario accidental da Deputación Provincial da Coruña