Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral da Presidencia, de notificación do acordo de incoación do expediente disciplinario 1/2022.

Intentada sen éxito a notificación administrativa no domicilio da persoa interesada e na sede electrónica, nos termos dos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, en que poderá recoller a notificación mediante comparecencia nas dependencias do Servizo de Persoal e Asesoramento, da Secretaría Xeral da Presidencia, sitas na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo da comunicación da súa comparecencia ao correo electrónico persoal.presidencia@xunta.gal

Expediente: disciplinario DIS 1/2022.

DNI interesada: 34892125K.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022

Álvaro Pérez López
Secretario xeral da Presidencia