Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da segunda convocatoria do proceso selectivo, polo procedemento extraordinario de integración, do corpo da Policía Local.

Expediente número 2019/03 ps (Rfª. 2019005790).

O 21 de xullo de 2021 publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) número 138 o anuncio da segunda convocatoria do proceso extraordinario de integración no corpo da Policía Local previsto na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición, en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de decembro de 2014 (PO 4303/2011).

Esta convocatoria desenvolverase segundo as bases publicadas no BOPPO núm. 37, do 24 de febreiro de 2020 e rectificadas segundo o anuncio publicado no BOPPO núm. 30, do 15 de febreiro de 2021. Asemade, estarán expostas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello: http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=7786489

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Nigrán, 30 de novembro de 2021

Juan Antonio González Pérez
Alcalde