Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11653

I. Disposicións xerais

Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

Advertidos erros na dita lei, publicada no Diario Oficial de Galicia número 251, do venres 31 de decembro de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Desde a páxina 65656 ata a 65659, a redacción correcta dos números vinte e dous e vinte e tres é a que se reproduce a seguir:

«Vinte e dous. Modifícase a letra b) da regra quinta da tarifa X-6 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:

“b) Para embarcacións pesqueiras e do sector da acuicultura que teñan base ou operen habitualmente nun porto dependente de Portos de Galicia aplicaranse as seguintes contías fixas:

Para embarcacións pesqueiras:

– Se eslora ≤ 7 m: 17,40 €/ano.

– Se eslora > 7 m e ≤ 10 m: 45,85 €/ano.

– Se eslora > 10 m e ≤ 15 m: 88,20 €/ano.

– Se eslora > 15 m e ≤ 20 m: 151,20 €/ano.

– Se eslora > 20 m e ≤ 25 m: 226,80 €/ano.

– Se eslora > 25 m: 277,20 €/ano.

Para as embarcacións auxiliares de acuicultura:

– Se eslora ≤ 10 m: 69,40 €/ano.

– Se eslora > 10 m: 104,10 €/ano.

A tarifa liquidarase anualmente por adiantado.

Para as embarcacións pesqueiras liquidarase empregando os datos das embarcacións de base nos portos dependentes de Portos de Galicia, e, na súa falta, poderá empregarse o rexistro de embarcacións pesqueiras de Galicia, elaborado pola consellería competente en materia de mar.

Para as embarcacións do sector de acuicultura que se adhiran a un convenio anual descrito na regra décima da tarifa X-1, décimo quinta da tarifa X-2 e décima da tarifa X-3, por pertenza a unha asociación profesional do sector, a liquidación da taxa X-6 poderase incluír no citado convenio.

Para as embarcacións pesqueiras e do sector da acuicultura que non teñan base nin operen habitualmente nun porto dependente de Portos de Galicia, aplicaranse as seguintes contías fixas por escala:

Para embarcacións pesqueiras:

– Se eslora ≤ 10 m: 16,84 €/escala.

– Se eslora > 10 m e ≤ 15 m: 21,89 €/escala.

– Se eslora > 15 m e ≤ 20 m: 26,94 €/escala.

– Se eslora > 20 m e ≤ 25 m: 50,51 €/escala.

– Se eslora > 25 m: 84,19 €/escala.

Para as embarcacións auxiliares de acuicultura:

– Se eslora ≤ 10 m: 21,69 €/escala.

– Se eslora > 10 m: 32,53 €/escala.

O certificado emitido pola escala da embarcación de paso polo porto terá validez por tres meses en calquera porto dependente de Portos de Galicia nese período.”

Vinte e tres. Modifícase a letra c) da regra quinta da tarifa X-6 contida na subalínea 01 da alínea 99 do anexo 3, que queda redactada como segue:

“c) Para as embarcacións deportivas e de lecer, con base nun porto dependente de Portos de Galicia, aplicaranse as seguintes contías fixas:

– Se eslora ≤ 8 m: 9,68 €/semestre.

– Se eslora > 8 m e ≤ 10 m: 12,80 €/semestre.

– Se eslora > 10 m e ≤ 12 m: 17,02 €/semestre.

– Se eslora > 12 m e ≤ 14 m: 23,89 €/semestre.

– Se eslora > 14 m e ≤ 16 m: 33,56 €/semestre.

– Se eslora > 16 m e ≤ 18 m: 38,40 €/semestre.

– Se eslora > 18 m: 43,24 €/semestre.

A liquidación realizarase conxuntamente coa tarifa X-5 por semestres (1º e 2º semestres do ano) adiantados.

No caso de embarcacións deportivas e de lecer que non teñan a condición de embarcacións de base en ningún porto dependente de Portos de Galicia, aplicarase por cada escala a seguinte contía:

– Se eslora ≤ 8 m: 1,29 €/escala.

– Se eslora > 8 m e ≤ 12 m: 3,87 €/escala.

– Se eslora > 12 m: 4,65 €/escala.

O certificado emitido pola escala da embarcación de paso polo porto terá validez por un mes en calquera porto dependente de Portos de Galicia nese período, e emitirase por petición previa do usuario, segundo o procedemento que se estableza.

A liquidación realizarase, segundo a declaración realizada polo xestor a Portos de Galicia, consonte o procedemento e formato que sinale Portos de Galicia.

Neste caso o xestor da instalación subrogarase na obriga dos suxeitos pasivos no relativo á tarifa X-6, podendo repercutila aos usuarios destes servizos de recollida de refugallos”».

Na páxina 65699, no artigo 18, punto un,

Onde di: «1. A inclusión de explotacións no Banco iniciarase por solicitude das persoas interesadas cuxa explotación estea incluída no Banco de explotacións.»,

Debe dicir: «1. A inclusión de explotacións no Banco iniciarase por solicitude das persoas interesadas en que a súa explotación estea incluída no Banco de explotacións.».

Na páxina 65700, punto dous, letras a) e b), onde di: «Asignar compromisos…», debe dicir: «Asinar compromisos…».

Na páxina 65715, punto catorce, onde di: «Engádese unha disposición transitoria cuarta, coa seguinte redacción:

“Disposición transitoria cuarta. Reposición de edificacións, instalacións e peches preexistentes”»,

Debe decir:

«Engádese unha disposición transitoria quinta, coa seguinte redacción:

“Disposición transitoria quinta. Reposición de edificacións, instalacións e peches preexistentes”».