Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11734

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefe/a de unidade de Atención Primaria).

Convocada mediante a Resolución do 3 de decembro de 2021 (DOG nº 240, do 16 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefe/a de unidade de Atención Primaria, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de persoal licenciado sanitario (xefe/a de unidade de Atención Primaria), anunciado pola Resolución do 3 de decembro de 2021 (DOG nº 240, do 16 de decembro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar desertos os postos convocados de xefe/a das unidades de Atención Primaria de Mos, Chapela, Panxón, As Neves, Salvaterra e Taboada Leal.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 8 de febreiro de 2022

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe/a da unidade de Atención Primaria de Salceda.

Nome e apelidos: Cristina Pinín García.

DNI: ***8018**.