De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e os instrutores.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de febreiro de 2022
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
| Expediente | Interesado | Acto notificado | Acto adoptado | 
| CO-RES-2019-074 | 32803869G | Terceira multa coercitiva | Pola xefa territorial | 
| CO-RES-2021-133 | X8734566V | Resolución | Pola xefa territorial | 
| CO-RES-2021-139 | 47378217B | Resolución | Pola xefa territorial | 
| CO-RES-2020-017 | 32432289N | Segunda multa coercitiva | Pola xefa territorial | 
| CO-RES-2020-025 | 34288960P | Segunda multa coercitiva | Pola xefa territorial | 
| CO-RES-2021-130 | Y4866514G | Resolución | Pola xefa territorial | 

 
					
