Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11680

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Resolución do 12 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2022 (código de procedemento PR935A).

BDNS (Identif.): 609953.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras desta convocatoria.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar axudas de emerxencia social para o ano 2022, de acordo coas bases previstas na Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social, publicada no DOG núm. 58, do 26 de marzo (código de procedemento PR935A).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social (código de procedemento PR935A).

Resolución do 12 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2022 (código de procedemento PR935A).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 50.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022. Este importe poderá ser ampliado en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación e á vista do número de solicitudes presentadas.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de novembro de 2022.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración