Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2022 Páx. 11783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI Sandelle, no concello da Estrada, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/26-4).

A instalación denominada LMTA, CTI Sandelle, no concello da Estrada, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 27 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 e 30 de marzo de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello da Estrada.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informando de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 26 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

LMTA, CTI Sandelle

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

Data

1

36017E508002960000HD

Veiga da Porta

María Cecilia Loureiro García

1

1,44

66

923

29.3.2022

2

36017E508002910000HF

Veiga

María Cecilia Loureiro García

2

0,72

7,35

251

29.3.2022

3

36017E508002930000HO

Codesal

María Dorelle Matalobos

2

0,72

71,46

955

29.3.2022

4

36017E508002920000HM

Codesal

Manuel Mato Mato

103,44

29.3.2022

5

36017E508002940000HK

Codesal

Manuel Ángel Dorelle Matalobos

270,52

29.3.2022

6

36017W518013200000JM

Leira Longa

Manuel Mato Mato

27,64

349,48

29.3.2022

7

36017W518013190000JK

Leira Longa

Descoñecido

99,65

29.3.2022

8

36017W518013250000JX

Leira Longa

María Cecilia Loureiro García

3

1,69

37

591,86

29.3.2022

9

36017W518013170000JM

Leira Longa

José Sueiro Loureiro

4,2

77,63

29.3.2022

10

36017W518013260000JI

Leira Longa

Descoñecido

12,37

165,89

29.3.2022

11

36017W516011430000JM

Leira Longa

María Dorelle Matalobos

4

1,69

85,53

1.122,24

29.3.2022

12

36017W516011420000JF

Leira Longa

Descoñecido

719,52

29.3.2022

13

36017W517012320000JH

Alargo

Máximo Dermín Buela Fuentes

5

1,44

50,88

742,32

30.3.2022

14

36017E509003550000HQ

Veiga de Abaixo

Descoñecido

27,50

514,05

30.3.2022

15

36017E509003660000HR

Veiga de Abaixo

Descoñecido

6

1,44

69,07

1.105,13

30.3.2022

16

36017E509003670000HD

Veiga de

Abaixo

Descoñecido

7

0,85

33,38

533,67

30.3.2022

17

36017E509003640000HO

Agro

Dosinda Campos Teo

7

0,85

3,08

78,39

30.3.2022

18

36017E509003630000HM

Agro

Descoñecido

30,04

459,12

30.3.2022

19

36017E509003810000HH

Agro

Descoñecido

7,01

139,81

30.3.2022

20

6017E509003800000HU

Agro

María del Carmen Buela Fuentes

65,77

987,56

30.3.2022

21

36017E509003730000HJ

Cortiñas

María del Carmen Buela Fuentes

8

6,83

51,35

398

30.3.2022

22

36017E509003720000HI

Cortiñas

Descoñecido

8, 9

17,02

85,30

748,30

30.3.2022

23

36017E509003740000HE

Cortiñas

Descoñecido

9

6,48

36,16

323,73

30.3.2022