Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 11978

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

O tribunal nomeado mediante a Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, en sesión do 11 de febreiro de 2022,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

DNI

Cualificación 3º exercicio

Catanese Seoane, Silvana

***0517**

Apta

Colino Díez, Sabela

***4392**

Non apta

Pérez Gay, Laura

***2220**

Apta

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2022

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal