Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación municipal, na sesión que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2022, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 11 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), consistente na ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vilagarcía de Arousa, segundo a documentación redactada por Alfonso Botana, S.L.

O acordo sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa finalidade de que as persoas que se consideren afectadas pola modificación poidan examinar o expediente e, de ser o caso, formular alegacións.

O documento inicialmente aprobado pódese consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (http://sede.vilagarcia.gal)

Vilagarcía de Arousa, 7 de febreiro de 2022

Tania García Sanmartín
Alcaldesa en funcións