Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 12100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de orde de execución de xestión da biomasa vexetal da parcela 1108118NH2210N, rúa Carbón (Bamio).

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (LPAC), as notificacións que non se puideran efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Por iso, ao non ser posible a notificación do acto que se indica a seguir, publícase este anuncio.

Infórmase que o texto íntegro atópase á disposición das persoas interesadas, xunto co resto da documentación do expediente na Xerencia de Urbanismo, situada na casa do concello, praza Ravella, nº 1, 4ª planta, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOE.

Expediente Disciplina Urbanística D5/22. Resolución de Alcaldía, do 27.1.2022, pola que inicia un expediente de orde de execución aos herdeiros da persoa con DNI 35336648T, titulares da parcela con referencia catastral 1108118NH2210N, na rúa Carbón, Bamio, requiríndolles que, no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, procedan ao cumprimento da obriga de tala da maleza, eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea sinalada na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Vilagarcía de Arousa, 28 de xaneiro de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde