A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) dos portos de Meira e de Domaio, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Moaña, na provincia de Pontevedra, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.
Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 236, do 14 de decembro).
Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia que tivo lugar o día 22 de decembro de 2022, este acordou dar a súa conformidade á proposta da DEUP dos portos de Meira e de Domaio, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.
Unha vez visto o informe da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 15 de decembro de 2021, sobre o trámite da proposta da DEUP, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o acordo do seu Consello Reitor do 22 de decembro de 2021, dando a conformidade á proposta da DEUP dos portos de Meira e de Domaio e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida mediante a Orde do 30 de marzo de 2012,
resolve:
Aprobar o documento da delimitación dos espazos e dos usos portuarios dos portos de Meira e de Domaio (Moaña, Pontevedra), con data de decembro de 2020 e asinado polos enxeñeiros de camiños, canais e portos Sara Calvo Fernández e Ana Mansilla Piñón, como autoras, Andrés D. Cervantes Refojos, como xefe do Departamento de Planificación Portuaria de Portos de Galicia, e Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria da dita entidade pública.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022
Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia