De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas citadas no anexo, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social, previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.
Ourense, 1 de febreiro de 2022
Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Propietario |
Acto que se notifica |
Zona concentración |
36098001F |
Resolución |
O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense) |
36136757P |
Resolución |
O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense) |