Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG). En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Procedemento/Nº expediente |
DNI/pasaporte |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
PR905A 2021/873 |
32971329R |
Resolución |
29.11.2021 |
PR905A 2021/927 |
35976855W |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1004 |
44467566X |
Resolución |
29.12.2021 |
PR905A 2021/1079 |
01845594M |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1096 |
49403108M |
Resolución |
23.12.2021 |
PR905A 2021/1105 |
XDD409878 |
Resolución |
29.11.2021 |
PR905A 2021/1109 |
34596093E |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1125 |
03541552N |
Resolución |
23.12.2021 |
PR905A 2021/1177 |
47439349D |
Resolución |
29.12.2021 |
PR905A 2021/1209 |
33811356E |
Resolución |
30.12.2021 |
PR905A 2021/1220 |
45872051T |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1221 |
55585658V |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1314 |
55145576V |
Resolución |
30.12.2021 |
PR905A 2021/1407 |
32972162Y |
Resolución |
23.12.2021 |
PR905A 2021/1458 |
34549194C |
Resolución |
30.12.2021 |
PR905A 2021/1499 |
32963737E |
Resolución |
16.12.2021 |
PR905A 2021/1553 |
55147976W |
Resolución |
30.12.2021 |