Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2022 Páx. 12119

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

No marco establecido no artigo 40 da Constitución española; nos artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia europea de emprego, e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

A Xunta de Galicia, no exercicio da competencia en materia de emprego atribuída en virtude do disposto nos artigos 29.1 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, e logo da asunción de funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado no ámbito do traballo, o emprego e a formación, conforme os sucesivos reais decretos de transferencias, vén desenvolvendo un conxunto integral de medidas activas de emprego dirixidas á xeración de novos postos de traballo e ao fomento da iniciativa emprendedora.

A competencia en materia de políticas activas de emprego correspóndelle á Consellería de Emprego e Igualdade, segundo o disposto no Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia e no Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade.

A Consellería de Emprego e Igualdade, no marco das políticas activas de emprego, xestiona os programas de apoio ás persoas emprendedoras e á economía social, xa que o autoemprego estase a amosar unha fórmula eficaz para a incorporación ou a reincorporación ao mercado de traballo das persoas desempregadas. O programa fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación que se regula na presente orde ten por finalidade apoiar as persoas emprendedoras que, constituíndo pequenas empresas, actúan como axentes dinamizadores da economía e do emprego en Galicia, especialmente aquelas empresas que se implantan nos territorios rurais e, pola súa vez, xeren emprego para as mulleres en desemprego, as persoas discapacitadas e as persoas en risco de exclusión social.

Esta orde tamén responde ao mandato do artigo 31 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, que establece que o departamento da Administración competente en materia de traballo poderá incluír, nas actuacións programadas en relación coa política de emprego destinadas a promover a inserción laboral efectiva das mulleres, accións e actuacións de discriminación positiva dirixidas á equiparación de ambos os sexos no emprego por conta propia, e que nas medidas dirixidas ao fomento de empresariado feminino se terán en conta de xeito preferente as mulleres emprendedoras con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.

A Comunidade Autónoma galega considera de importancia o retorno e a incorporación laboral da súa poboación no exterior, polo que nesta liña se pretende tamén chegar á poboación galega, laboralmente activa, que reside fóra de Galicia.

O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

A estrutura normativa do programa das IEBT desenvólvese no Decreto 56/2007, do 15 de marzo (DOG núm. 65, do 2 de abril), polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica e se regulan os instrumentos e mecanismos de apoio e de avaliación técnica, así como os requisitos e condicións que deben reunir os proxectos e o procedemento para a súa cualificación e inscrición no rexistro de IEBT.

A presente orde tramítase ao abeiro do disposto no artigo 25 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia e no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que queda a concesión das subvencións sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

As bases dos programas regulados nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto deste réxime, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia na entidade solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Esta orde tramítase de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; e nesta orde.

Así, o financiamento das axudas previstas no Programa I e II farase con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C 470.5, código de proxecto 2016 00317, cun crédito de 2.000.000 euros, que figuran na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro).

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2022, coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas:

a) Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I).

b) Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E).

Artigo 2. Marco normativo

1. As solicitudes, tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro), e nesta orde.

Artigo 3. Principios de xestión

A xestión destes programas realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Por outra banda, de conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4. Orzamentos

1. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

– Programa I. Aplicación orzamentaria 11.04. 322C 470.5, código de proxecto 2016 00317, cun crédito de 1.500.000 euros.

– Programa II. Aplicación orzamentaria 11.04. 322C 470.5, código de proxecto 2016 00317, cun crédito de 500.000 euros.

Estas contías están recollidas na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

2. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

3. Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais. Os créditos sobrantes dun programa poden ser empregados noutro.

4. Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30.2 do seu regulamento de desenvolvemento.

Artigo 5. Definicións

Para os efectos deste programa entenderase por:

a) Persoa desempregada: aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional na data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data da alta na Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

A comprobación de carecer de ocupación, segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na data da súa alta na Seguridade Social das persoas que se incorporan á empresa para ocupar os empregos estables creados tidos en conta para o cálculo da subvención realizaraa directamente o órgano xestor das axudas.

b) Empregos subvencionables: os postos de traballo creados con carácter estable e que sexan ocupados por persoas desempregadas, incluídos os das persoas promotoras e as persoas autónomas colaboradoras, sempre que non prestasen servizos na mesma empresa en virtude dun contrato de carácter temporal.

c) Persoas promotoras socias: aquelas que figuren como tales na escritura de constitución ou das súas modificacións durante o período subvencionable.

d) Empresas de nova creación: para os efectos do Programa I terán a consideración de empresas de nova creación aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de agosto de 2021.

e) Constitución da empresa: para os efectos do Programa II entenderase que unha empresa está constituída desde o momento da súa inscrición no correspondente rexistro mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas. No caso de empresaria ou empresario individual, cando cause alta definitiva no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

f) Inicio de actividade empresarial: entenderase que unha empresa inicia á súa actividade produtiva desde a data de alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.

g) Persoa con discapacidade: aquela que, de conformidade co establecido no artigo 4.1 e 2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social (BOE núm. 289, do 3 de decembro), presenta deficiencias físicas, mentais, intelectuais e sensoriais, previsiblemente permanentes que, ao interactuar con diversas barreiras, poidan impedir a súa participación plena e efectiva na sociedade, en igualdade de condicións cos demais. Ademais, e para todos os efectos, ten a condición de persoa con discapacidade aquela a quen se lle recoñecese un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

A comprobación da condición de persoa con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a persoas interesada se opoña á súa consulta; neste caso ou cando fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia deberá presentar a documentación acreditativa da discapacidade.

h) Concello rural: aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística https://www.ige.eu/web/mostrar_paxina.jsp?paxina=003003001&idioma=gl). Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

i) Persoas en situación ou risco de exclusión social: as persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, por concorrer algún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

j) Persoa desempregada de longa duración: aquela que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social está sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, 360 días durante os 540 días anteriores á súa contratación ou alta no réxime especial de traballadores autónomos.

k) Persoa emigrante retornada: de acordo co establecido nos artigos 53 e 54 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, terán a condición de persoa galega retornada as persoas galegas e nadas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade Autónoma galega. Para os efectos previstos nesa lei, asimílanse a persoas galegas retornadas os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os fillos e fillas das persoas galegas e nacidas en Galicia con residencia no estranxeiro que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:

a) Ser persoa galega nacida en Galicia.

b) Acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal.

c) Estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado/a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno.

d) Estar empadroado/a nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para adquirir esta condición de persoa emigrante retornada non deben transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta orde.

l) Persoa trans: toda aquela persoa que se identifica cun xénero diferente ao que lle foi asignado ao nacer.

Artigo 6. Réxime de axudas

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro).

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro.

CAPÍTULO II

Normas comúns

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos, anexo I ou anexo I-A, xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Artigo 8. Emenda das solicitudes

As unidades administrativas receptoras remitirán as solicitudes recibidas á unidade administrativa encargada da instrución do expediente para que comprobe se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirán a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de diez días, indicándolle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei. O incumprimento desta obriga determinará, se é o caso, a imposición das multas coercitivas previstas no punto 4 do citado artigo.

Artigo 11. Instrución do procedemento

1. O órgano instrutor dos expedientes para o Programa I será o Servizo o Servizo de Autónomos da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade, que realizará as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. O órgano instrutor dos expedientes para o Programa II será o Servizo de Emprego por Conta Allea da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego e Igualdade, que realizará as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

3. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de corre e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través so Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

6. As notificacións entenderanse practicadas no momento que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde á posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

7. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Procedemento de concesión e tramitación

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. Entenderase que a empresa desiste da súa solicitude cando a persoa traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o que solicitou a axuda.

3. En aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinada pola data na que se presentara a documentación completa requirida nestas bases reguladoras.

Artigo 13. Competencia

1. A competencia para o Programa I, para resolver as solicitudes, corresponderalle, por por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas na orde de prioridade virá determinada pola hora.

A competencia para resolver as solicitudes do Programa II corresponderalle, por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade, á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

2. O prazo para resolver e notificar é de tres meses, que se computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 15. Obrigas das persoas e entidades beneficiarias

1. Sen prexuízo das obrigas establecidas con carácter específico para cada programa de axuda, son obrigas das persoas e entidades beneficiarias das subvencións as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, en especial as seguintes:

a) Aceptación da subvención no prazo de 10 días, de conformidade co disposto no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Transcorrido o citado prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

d) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

e) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

f) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos casos previstos nesta orde.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar a Consellería de Emprego e Igualdade e a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

h) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Seguimento e control

1. No Programa I, a Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estos efectos, a persoa beneficiaria deberá cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

2. No Programa II, a Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estos efectos, a persoa beneficiaria deberá cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Emprego e Igualdade levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios propios como alleos estean á disposición da Consellería de Emprego e Igualdade para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Artigo 17. Devolución voluntaria da subvención

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO III

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (procedemento administrativo TR807I)

Artigo 18. Obxecto e finalidade

1. Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

2. A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Artigo 19. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

2. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Artigo 20. Tipos de axuda

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención para formación.

c) Subvención para o inicio da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Artigo 21. Subvención á xeración de emprego estable

1. A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 2.000 euros como persoa desempregada en xeral.

2. Cada posto de traballo estable incentivarase con 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

Estes incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 €.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Cando se trate de contratacións indefinidas de persoas traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 70 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato obxecto de subvención. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

7. Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 1 de agosto de 2021 e ata o 31 de xullo de 2022.

Artigo 22. Subvención para a formación

1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora que cree o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde, realice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada antes do remate do prazo para a xustificación.

3. O gasto orixinado deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2021.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

Artigo 23. Subvención para o inicio da actividade

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 2.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

2. A contía do incentivo será de 4.000 € por cada emprego subvencionable cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

3. Estas contías base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada ten a condición de persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incrementos, sería de 9.000 €.

4. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada ordinaria legal.

5. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

6. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante, e non sexan emitidas por algunha das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos referidos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.

7. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde un mes antes ao inicio da actividade empresarial e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2021.

8. No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

Artigo 24. Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.

2. Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 %, ata un máximo de 3.000 €, do custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores e/ou dependentes (graos I, II e III) ou con un grao de discapacidade igual ou superior o 33 %, recoñecidos pola Consellería de Política Social, sempre que se acredite a súa relación de parentesco e a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, como mínimo, durante os tres meses anteriores a data da solicitude.

3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polos que se obtivese a subvención establecida no artigo 21 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

4. Serán subvencionables os gastos da gardaría e/ou dos persoas cuidadoras ou dos custos dos servizos en centros especializados, no caso das persoas con dependencia ou discapacidade, correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio definitivo da actividade e ata o mes de xullo de 2022, inclusive.

5. As axudas por gardería e por coidado de persoas dependentes e persoas con discapacidade son compatibles entre si.

Artigo 25. Solicitudes e prazo de presentación

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2022, respectando, en todo caso, o establecido no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que dispón que o prazo de presentación de solicitudes en ningún caso será inferior a un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Para garantir que as persoas solicitantes que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Emprego e Igualdade.

Artigo 26. Documentación complementaria

1. As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo numérico desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona.

2. As solicitudes de axudas deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral para todas as axudas:

a) Se é o caso, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude, para actuar en nome da entidade.

b) Escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.

c) Alta definitiva no censo de obrigados tributarios na Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

d) Memoria económica e descritiva do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante, que deberá conter os datos de identificación e descrición da actividade, o número de empregos creados e que estean previstos crear, os aspectos técnicos de produción e comercialización, o orzamento de investimento, o plan de financiamento que acredite a viabilidade da iniciativa empresarial, as medidas de seguridade e saúde laboral e de prevención de riscos e a adecuación en materia de protección do ambiente, segundo a localización e a actividade empresarial (segundo modelo do anexo II).

e) Listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada, coa relación dos investimentos e gastos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou pro forma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai realizar e da axuda solicitada, segundo o modelo anexo III desta orde.

Esta listaxe non será necesario presentala coa solicitude de subvención á xeración de emprego estable.

f) Documentos que acrediten a pertenza aos colectivos polos que se solicita a subvención, certificación da concorrencia das circunstancias que determinen a pertenza aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, ou certificado de discapacidade nos casos de recoñecemento fóra de Galicia ou que se opuxese a súa consulta no anexo I ou VI, segundo corresponda.

g) Anexo VI, no caso de consulta de datos da persoa traballadora ou de membros da unidade familiar.

3. Documentación específica:

a) Subvención á xeración de emprego estable:

– Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido ocupados por colectivos de persoas beneficiarias e relación nominal deles con indicación da data de incorporación efectiva, onde se fagan constar os custos salariais de dúas anualidades de cada persoa traballadora por conta allea pola que se solicita subvención, segundo modelo anexo IV desta orde.

– Documentos acreditativos da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda.

– Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

– Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

– No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

b) Subvención para a formación:

– Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da súa función xerencial ou a relación directa coa actividade económica en que estea de alta a empresa.

– Certificación da entidade formadora en que conste, entre outros, os seguintes aspectos:

1º. Nome do curso/actividade.

2º. Lugar e datas de celebración.

3º. Módulos que se van impartir e distribución temporal (número de horas).

4º. Prazo de inscrición.

5º. Número de prazas.

– Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade.

– No caso de estar realizando o curso, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura pro forma.

De conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 15.000 euros, prevista para o contrato menor no Lei 9/2017, de contratos do sector público, no suposto de prestación de servizos, a persoa interesada deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo a contraer do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.

A elección entre as ofertas presentadas, que se deberán achegar coa solicitude da subvención, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

c) Subvención para o inicio de actividade:

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, ou seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos gastos necesarios para o inicio da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

– Declaración do número de empregos estables creados ou que se crearán ata o 31 de xullo de 2022 e relación nominal das persoas que os vaian ocupar, con indicación daquelas polas cales se solicita a subvención, segundo o modelo anexo IV.

– Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

– Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

– No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

– Libro de familia co nome das persoas titulares da familia e dos fillos e fillas menores de tres anos e nome, apelidos do cónxuxe. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia. No caso de axuda por coidado de maiores e/ou dependencia ou discapacidade certificación da acreditación do grao de parentesco e acreditación do empadroamento na mesma dirección.

– Documento acreditativo do custo da mensualidade da gardaría e/ou do centro especializado ou persoa cuidadora no caso de maiores e/ou discapacidade ou dependencia.

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, das mensualidades xa aboadas na data da solicitude.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común da administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consultas ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requerir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude, e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 27. Resolución e recurso

1. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan á persoa beneficiaria.

2. A resolución de concesión emitirase atendendo as manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscrita pola persoa que a realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. O cumprimento dos requisitos exixidos serán obxecto de comprobación con posterioridade á resolución da concesión.

3. O prazo máximo para resolver e notificar é de 3 meses, que se computará desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, na resolución de concesión que se notifique ás persoas beneficiarias estableceranse as condicións da axuda derivadas da aceptación da subvención a que quedan sometidos as persoas beneficiarias, en especial os requisitos específicos relativos, se é o caso, aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución.

5. As persoas interesadas teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

6. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe formular con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas; ou interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. No suposto de que, de ser o caso de esgotamento do crédito, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social se publicará o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento de crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no número 7 deste artigo.

Artigo 28. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

c) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

f) Datos de residencia con data da última variación padroal.

g) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia.

h) NIF da entidade solicitante.

i) Alta no imposto de actividades económicas.

j) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Consultarase ademais os seguintes datos, das persoas traballadoras ou do cónxuxe da persoa autónoma, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, o que deberán indicar no cadro sinalado no anexo VI:

a) DNI ou NIE.

b) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.

c) Consulta de vida laboral.

d) Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

e) Datos de residencia con data da última variación padroal.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 29. Xustificación e pagamento

1. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen nos prazos establecidos nesta orde.

3. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. En todo caso, o pagamento dos gastos xustificativos das subvencións deste programa deberán terse realizado antes do 20 de decembro de 2022.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2022.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberase acreditar a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

4. As persoas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, ou, se é o caso, ata o 20 de decembro de 2022.

5. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a seguinte:

A) Documentación xeral para todos os tipos de axuda:

– Declaración complementaria, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, así como unha declaración das axudas de minimis obtidas no exercicio corrente e nos dous anteriores segundo modelo anexo V.

B) Documentación específica:

a) Subvención á xeración de emprego estable:

– Última nómina aboada a cada persoa traballadora por conta allea pola que se concedeu a subvención.

b) Subvención para a formación:

– Facturas da empresa, entidade ou persoa física, e documentos bancarios acreditativos do efectivo pagamento do servizo recibido.

– Certificado da entidade formadora da asistencia do solicitante ao curso/actividade obxecto da axuda.

c) Subvención para o inicio da actividade:

– Listaxe asinada coa relación dos gastos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado e da axuda concedida, segundo o modelo anexo III desta orde.

– Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras:

– Listaxe asinada coa relación dos gastos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado e da axuda concedida, segundo o modelo anexo III desta orde.

– Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento.

6. Cando concorran varias axudas só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude coma na de xustificación do pagamento.

7. A documentación exixida para a fase de pagamento poderá presentarse xunto coa solicitude, a opción da entidade ou persoa interesada.

8. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias –estatais e autonómicas– e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa firme da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 30. Incompatibilidades e concorrencia

1. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa.

2. As subvencións reguladas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica, emprego autónomo e cooperativas convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade. Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, así como con outras que polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

3. A subvención pola xeración de emprego estable polos contratos por conta allea será incompatible coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.

4. As subvencións reguladas neste programa serán compatibles coa axuda prevista para a adaptación dos postos de traballo regulada nas diferentes axudas de integración laboral das persoas con discapacidade, sendo incompatible co resto das axudas reguladas nos diferentes programas de integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Artigo 31. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

1. Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos, salvo cesamento por causas alleas a súa vontade, o que deberá acreditar de maneira que faga fe.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará a Consellería de Emprego e Igualdade, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable a persoa beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

De acordo con esta obriga, a empresa subvencionada deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal. Para isto, incorporarán un cartel informativo dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. O dito cartel estará dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As empresas beneficiarias das subvencións previstas neste programa cando no período de dous anos, desde a data da incorporación á empresa, se produza o cesamento dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, están obrigadas no prazo de dous meses a cubrir a vacante, cun tempo de dedicación igual ou superior ao anterior, o que deberá serlle comunicado ao órgano que concedeu a axuda, e a nova persoa traballadora debe pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa, polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa. Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.

Para o suposto da cobertura destas vacantes poderanse admitir as transformacións de contratos temporais en indefinidos de persoas traballadoras vinculadas temporalmente á empresa, sempre que a baixa da persoa traballadora substituída se produza unha vez transcorrido o primeiro ano desde a súa incorporación á empresa.

Transcorridos dous anos desde a data de inicio da súa actividade as empresas beneficiarias, co fin de garantiren o mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de subvención, presentarán, dentro dos tres meses seguintes, unha relación da variación das altas e baixas do persoal da empresa durante eses dous anos.

3. As empresas beneficiarias das subvencións reguladas neste programa deberán manter a forma xurídica pola que se lles concederon as subvencións durante un tempo mínimo de dous anos desde que se iniciou a actividade.

4. As entidades beneficiarias relacionadas no artigo 19 asumen a obriga de manter a achega ao capital social e, como mínimo, a súa porcentaxe de participación no capital social durante o mesmo período, referido aos promotores ou promotoras que creasen o seu propio posto de traballo na empresa, debendo manter a porcentaxe mínima do 50 % do capital social. A transmisión voluntaria por actos inter vivos de participacións sociais ou accións do capital social soamente se poderá facer a favor de persoas físicas e sen que, neste caso, se supere o máximo de cinco persoas físicas socias da empresa. Esta transmisión deberá ser comunicada por escrito ao órgano concedente da subvención.

Co obxecto de acreditar o cumprimento desta obriga, a empresa beneficiaria das subvencións, transcorridos dous anos desde o inicio da súa actividade, achegará ao órgano concedente certificación do Rexistro Mercantil sobre as variacións no capital social desde a data da constitución da sociedade e declaración do órgano de administración da sociedade con relación coa información que conste no libro de persoas socias respecto á titularidade e as alteracións producidas desde a data da constitución.

Artigo 32. Perda do dereito ao cobramento da axuda e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento das axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

2. Procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións e axudas concedidas no suposto de non estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de pagamento da subvención.

3. No caso de incumprimento, salvo que se acrediten causas alleas á vontade da persoa beneficiaria, respecto da obriga establecida no artigo 31, punto 1, letra a) de manter a actividade empresarial durante polo menos dous anos, e sempre que o cumprimento se aproxime de forma significativa ao cumprimento total, entendendo como tal ter mantido a actividade durante polo menos dezaoito meses, e que a persoa beneficiaria acredite unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, procederá o reintegro das subvencións percibidas, de forma proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

4. Entenderase que se produce un incumprimento parcial e, polo tanto, procederá o reintegro parcial de todas as subvencións percibidas en función da persoa traballadora da que se trate cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 31, punto 2, por cada contratación subvencionada e non substituída no prazo de dous meses. O cálculo da contía para reintegrar farase do seguinte xeito:

Divídese entre setecentos trinta o importe concedido pola persoa traballadora de que se trate, calcúlase o número de días que o posto estivo vacante, computándose, para estes efectos, o prazo que concede a orde para proceder á substitución, e multiplícase o importe obtido no paso primeiro polo número de días en que o posto de traballo estivese vacante.

Tamén procederá o reintegro parcial pola diferenza cando a persoa traballadora substituída sexa dun colectivo diferente ao substituído e lle corresponda unha subvención inicial inferior.

5. O incumprimento da obriga en materia de publicidade do financiamento público, mediante a colocación do cartel, segundo o previsto no artigo 31.1.h) dará lugar a un reintegro do 2 % da subvención concedida.

Non obstante, no suposto de resultar aínda posible o cumprimento desta obriga, o órgano xestor deberá requirir a entidade beneficiaria para que incorpore o cartel, nun prazo non superior a 15 días, con expresa advertencia de que o seu incumprimento implicará o inicio do expediente declarativo da procedencia do reintegro.

Artigo 33. Exclusións

1. Exclúense dos beneficios do programa establecido nesta orde:

a) As persoas promotoras que, nos tres meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social.

b) Os postos de traballo indefinidos creados, que nos tres meses anteriores á data de alta tivesen un contrato indefinido con calquera empresa.

c) As persoas ou empresas que percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo, iniciativas locais de emprego, ou iniciativas de emprego de base tecnolóxica, nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

d) As persoas promotoras que percibisen subvencións ao abeiro das axudas deste programa nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

2. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

CAPÍTULO IV

Programa II. Axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base
tecnolóxica-IEBT (procedemento administrativo TR340E)

Artigo 34. Obxecto e finalidade

1. Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

2. As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.

Artigo 35. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

2. Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

3. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, as persoas administradoras das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Artigo 36. Tipos de axuda

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Artigo 37. Subvención á creación directa de emprego estable

1. Os postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os dos propios promotores e promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas, incentivarase cada un deles cunha subvención de 6.000 euros.

2. A contía do incentivo será de 8.000 € por cada posto de traballo estable de carácter indefinido creado, cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

– Persoas desempregadas de longa duración.

– Persoas desempregadas con discapacidade.

– Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

3. Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 9.000 euros cando se trate de persoas tituladas universitarias desempregadas.

4. Os postos de traballo estables incentivaranse cunha subvención de 10.000 euros se son persoas desempregadas que posúan o título de doutor ou doutora.

Esta contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.

b) Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

c) Un 25 % no suposto de persoas maiores de 45 anos.

d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.

e) Un 25 % se a persoa incorporada é trans.

No suposto de ter dereito a un ou varios incrementos, aplicarase a subvención aos indicados na solicitude, salvo que da documentación achegada coa solicitude quede acreditada a aplicación dalgún incremento superior.

5. É requisito para poder ser persoa beneficiaria desta subvención que o cadro de persoal no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea estea constituído, como mínimo, nun 25 por cento por persoas con titulación universitaria.

6. Nos postos de traballo creados e polos cales se solicite subvención, deberá existir correspondencia entre a categoría da titulación académica de tipo profesional que posúa a persoa contratada e a categoría profesional pola que se contrata.

7. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.

8. Cando a dedicación inicial se realice a tempo parcial e se transforme a tempo completo, a empresa poderá solicitar a diferenza entre a contía que se percibiu inicialmente e a que corresponde por dedicación a tempo completo, sempre que a dita modificación se produza dentro do primeiro ano de actividade.

9. Non se concederá esta axuda cando se trate de persoas traballadoras que prestasen servizos na mesma empresa en virtude dun contrato de carácter temporal.

10. Esta subvención será compatible, se é o caso, coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 70 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato obxecto de subvención. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión.

11. Serán subvencionables os postos de traballo estables creados entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022 dentro do primeiro ano de actividade da empresa, sempre que permaneza vixente a contratación no momento da súa solicitude.

Artigo 38. Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación

1. As contratacións temporais de persoal técnico de alta cualificación realizadas para prestar servizos nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de que transcorra un ano desde a data de inicio da actividade serán subvencionadas nunha contía equivalente ao 40 % dos custos salariais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade Social por todos os conceptos, cun máximo de 12 mensualidades.

Para acceder a esta axuda o experto técnico de alta cualificación contratado deberá estar en posesión dun título universitario.

2. Quedan excluídas desta modalidade de axuda as contratacións realizadas cos titulares ou socios e socias da empresa cualificada como iniciativa de base tecnolóxica, así como do cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive da persoa empresaria ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estas persoas citadas. Non será de aplicación esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate por conta allea aos fillos e fillas menores de trinta anos, tanto se conviven ou non con ela, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen asalariados, e contrate un só familiar menor de corenta e cinco anos, que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo. Así mesmo, quedan excluídos desta subvención os contratos formativos.

3. Esta subvención terá como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros, e estará condicionada á xustificación pola empresa de que, coas contratacións obxecto de subvención, se suplan carencias ben identificadas para o desenvolvemento da actividade empresarial e o bo fin dela.

4. Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022.

Artigo 39. Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade

1. Esta axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade ao abeiro desta orde de convocatoria, de acordo coa seguinte escala:

– 1 posto de traballo: ata 10.000 euros.

– 2 postos de traballo: ata 18.000 euros.

– A partir de 3 postos de traballo: ata 24.000 euros.

O importe da axuda non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables.

2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos necesarios realizados entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022 que se produzan antes de que transcorra desde o inicio da súa actividade, e sexan efectivamente xustificados mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 30 de decembro de 2022.

3. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistro, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean estendidas a nome da entidade solicitante, e non sexan emitidas por algún das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos referidos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.

4. Tamén serán subvencionables nesta axuda os cursos que a persoa promotora ou empresaria poida recibir para obter ou mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial.

Artigo 40. Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.

2. Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar das persoas promotoras concederase unha subvención do 75 %, ata un máximo de 3.000 €, do custo do centro ou dos servizos de coidado de persoas maiores e/ou dependentes (graos I, II e III) ou cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, recoñecidos pola Consellería de Política Social, sempre que respecto das cales acredite a súa relación de parentesco e, a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, como mínimo, durante os tres meses anteriores á data da solicitude.

3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polos que se obtivese a subvención establecida no artigo 37 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

4. Serán subvencionables os gastos da gardaría e/ou das persoas coidadoras ou dos custos dos servizos en centros especializados, no caso das persoas con dependencia ou discapacidade, realizados entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da actividade.

5. As axudas por gardería e por coidado das persoas dependentes e persoas con discapacidade son compatibles entre si.

Artigo 41. Solicitudes e prazos

1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2022. En todo caso, o prazo para a presentación das solicitudes non será inferior a un mes.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Emprego e Igualdade.

Artigo 42. Documentación complementaria

1. As solicitudes, unha por cada tipo de axuda, deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I-A) que figura como anexo numérico desta orde, unha para cada axuda solicitada, e deberán ir acompañadas da documentación, común e específica, que se relaciona.

2. As solicitudes de axudas deberán ir acompañadas da seguinte documentación xeral para todas as axudas:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) No caso de tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas.

c) Memoria económica descritiva do proxecto empresarial asinado pola persoa representante da empresa (anexo V-A).

d) Alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda e Función Pública.

3. Documentación específica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable:

– Declaración do número de empregos estables creados polos que se solicita subvención, indicando se son ocupados ou non por persoas con titulación universitaria e expresando a data de incorporación efectiva á empresa (anexo II-A).

– Declaración da empresa en que se faga constar os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo II-A).

– Comprobación de datos das persoas traballadoras contratadas (anexo VI-A).

– Documentación acreditativa da exclusión social, discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia, da persoa traballadora contratada.

– Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

– Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

– No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación:

– Memoria descritiva da necesidade da contratación das persoas técnicas de alta cualificación, número, perfís profesionais e funcións que van realizar en relación coas categorías profesionais polas que son contratadas.

– Declaración da empresa en que se fagan constar os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo II-A).

-Comprobación de datos das persoas traballadoras contratadas (anexo VI-A).

c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade:

– Memoria descritiva da actividade e relación detallada dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, con indicación daqueles a que se vai destinar a subvención.

– Listaxe asinada coa relación dos gastos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado e da axuda solicitada (anexo IV-A).

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos gastos necesarios para o inicio da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.

– Declaración do número de postos de traballo estables creados e relación nominal das persoas que os ocupen, con indicación daqueles que hai que ter en conta para o cálculo da subvención (anexo II-A).

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

– Libro de familia co nome das persoas titulares da familia e dos fillos e fillas menores de tres anos e nome, apelidos do cónxuxe. De ser o caso, documentos acreditativos do carácter monoparental da familia. No caso de axuda por coidado de maiores e /ou dependencia ou discapacidade, certificación da acreditación do grao de parentesco e acreditación do empadroamento no mesmo enderezo.

– Listaxe asinada coa relación dos gastos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado e da axuda solicitada (anexo IV-A).

– Documento acreditativo do custo da mensualidade da gardaría e/ou do centro especializado ou persoa coidadora, no caso de maiores e/ou discapacidade ou dependencia.

– Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, das mensualidades xa aboadas na data da solicitude.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa, ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 43. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticante os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Alta no IAE.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán de indicalo no recadro correspondente no formulario correspondente e achegar os documentos correspondentes,

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Consultaranse ademais os seguintes datos das persoas traballadoras contratadas ou do cónxuxe da persoa autónoma, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente, o que deberán indicar no cadro sinalado no formulario correspondente:

a) DNI ou NIE.

b) Título universitario.

c) Informe de inscrición no Servizo Público de Emprego.

d) Informe da vida laboral.

e) Contrato de traballo subvencionado.

f) Certificado de discapacidade ou dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

g) Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal da persoa traballadora contratada.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 44. Resolución de concesión e recursos

1. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da persoa beneficiaria, contía da subvención e obrigas que correspondan a persoa beneficiaria.

2. A resolución de concesión emitirase atendendo as manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscrita pola persoa que a realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. O cumprimento dos requisitos exixidos serán obxecto de comprobación con posterioridade á resolución da concesión.

3. O prazo máximo para resolver e notificar é de 3 meses, que se computará desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, na resolución de concesión que se notifique ás persoas beneficiarias estableceranse as condicións da axuda derivadas da aceptación da subvención a que quedan sometidos as persoas beneficiarias, en especial os requisitos específicos relativos, se é o caso, aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución.

5. As persoas interesadas teñen dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

6. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe formular con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. No suposto de que, de ser o caso de esgotamento do crédito, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social se publicará o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento de crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no número 7 deste artigo.

Artigo 45. Xustificación e pagamento

1. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecidos nesta orde.

3. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. En todo caso, o pagamento dos gastos xustificativos das subvencións deste programa deberán terse realizado antes do 30 de decembro de 2022.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas, en todo caso, ata o 20 de decembro de 2022.

A xustificación do pagamento dos gastos obxecto das subvencións desta orde deberase acreditar a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario de pagamento. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo. Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria.

4. As persoas e entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o pagamento no prazo establecido na resolución de concesión, ou, se é o caso, ata o 30 de decembro de 2022.

5. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma que se sinale na resolución de concesión, da documentación común e específica que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a seguinte:

A) Documentación xeral para todos os tipos de axuda:

– Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da actividade para a cal se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda.

– Declaración complementaria da establecida no anexo I-A desta orde, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, de que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións, así como unha declaración das axudas de minimis obtidas no exercicio corrente e nos dous anteriores (anexo III-A).

B) Documentación específica:

a) Subvención á creación directa de emprego estable:

– Última nómina aboada a cada persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, agás os postos de traballo pertencentes ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación:

– Recibos dos salarios aboados, xustificantes das transferencias bancarias acreditativas do seu pagamento e boletíns de cotización á Seguridade Social xa ingresados.

c) Axuda para o inicio e posta en marcha do proxecto empresarial:

– Listaxe asinada coa relación dos investimentos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas e demais documentos xustificativos do investimento realizado e da axuda concedida, segundo o modelo do anexo IV-A desta orde.

– Facturas xustificativas da realización do investimento e documento bancario acreditativo do seu pagamento.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras:

– Listaxe asinada coa relación dos gastos e pagamentos realizados, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas xustificativas do gasto realizado e da axuda concedida, segundo o modelo anexo IV desta orde.

– Documentación xustificativa da realización dos gastos imputados á subvención, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu efectivo pagamento.

6. Cando concorran varias modalidades de axudas, só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente tanto na fase de solicitude coma na de xustificación do pagamento.

7. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e fronte á Seguridade Social ou teña algunha débeda por calquera concepto pendente de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor en virtude de resolución declarativa de procedencia de reintegro.

Artigo 46. Incompatibilidades e concorrencia

1. As subvencións reguladas neste programa serán incompatibles coas axudas establecidas no Programa de promoción do emprego autónomo, no Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación, así como no Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para o acceso á condición de socio ou socia traballador ou traballadora dunha cooperativa de traballo asociado, convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

2. As subvencións reguladas neste procedemento serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, a axuda á creación directa de emprego estable e a subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

3. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao abeiro deste programa poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, concedidos por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o 70 % do custo da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria. Este límite será ampliable ata o 80 % cando a persoa traballadora contratada pertenza a un dos seguintes colectivos: persoas desempregadas de longa duración, persoas desempregadas con discapacidade e persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión.

4. Non se poderán imputar os mesmos gastos para as distintas modalidades da axuda previstas nesta orde, agás naqueles casos en que só se toman como referencia para o cálculo da contía do incentivo.

Artigo 47. Exclusións

Exclúense dos beneficios do programa establecido nesta orde:

a) Os empregos de carácter estable realizados con persoas desempregadas que, nos 24 meses anteriores á data de alta na Seguridade Social, prestasen servizos mediante un contrato indefinido en empresas ou grupos de empresas en que as persoas promotoras da empresa solicitante desempeñen o control.

b) As persoas promotoras que, nos tres meses inmediatamente anteriores á data de inicio da nova actividade, estivesen de alta na Seguridade Social como traballadoras autónomas ou traballadores autónomos en actividade vinculada ao mesmo sector. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

c) As empresas que desenvolvan actividades empresariais que non coincidan coas do proxecto previamente cualificado como iniciativa de emprego de base tecnolóxica.

Artigo 48. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

1. Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias das axudas e subvencións:

a) Realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de dous anos, salvo cesamento por causas alleas a súa vontade, o que deberán acreditar de maneira que faga fe.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará a Consellería de Emprego e Igualdade, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas ou entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das actuacións de comprobación e control. Os gastos subvencionados deberán poder identificarse na súa documentación contable de forma separada.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os gastos obxecto de subvención.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As empresas beneficiarias das subvencións previstas nos artigos 37 e 39, cando no período de dous anos desde a data da incorporación á empresa se produza o cesamento dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, están obrigadas, no prazo de dous meses, a cubrir a vacante cun tempo de dedicación igual ou superior ao anterior, o que deberá serlle comunicado ao órgano que concedeu a axuda, debendo a nova persoa traballadora pertencer a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa polos que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que causase baixa e cumprir as demais condicións impostas no artigo 37 desta orde para poder ser contratada.

O órgano concedente resolverá e notificará a persoa interesada sobre a validez desta substitución nun prazo non superior a 3 meses desde a recepción da comunicación. A falta de validez da substitución considerarase incumprimento desde a data da súa realización nos termos establecidos no artigo 49.3.1.

Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.

Transcorridos dous anos desde a data de inicio da súa actividade as empresas beneficiarias, co fin de garantiren o mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de subvención, presentarán dentro dos tres meses seguintes a vida laboral da empresa desde o inicio da actividade, incluíndo todas as contas de cotización (informe de vida laboral dun código conta de cotización) e as nóminas das persoas traballadoras subvencionadas correspondentes ás 24 mensualidades.

3. As empresas beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal a persoa técnica de alta cualificación contratada, como mínimo, polo tempo subvencionado, e se se produce o cesamento do traballador ou traballadora, a empresa beneficiaria está obrigada no prazo de dous meses a cubrir a vacante, e a nova persoa deberá ser contratada cun tempo de dedicación igual ou superior ao anterior e cumprir as demais condicións impostas no artigo 38 desta orde. Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda. Neste suposto de substitución a obriga de mantemento estenderase ao período subvencionado e mais ao período vacante.

O órgano concedente resolverá e notificará a persoa interesada sobre a validez desta substitución nun prazo non superior a 3 meses desde a recepción da comunicación. A falta de validez da substitución considerarase incumprimento desde a data da súa realización nos termos establecidos no artigo 49.3.3.

Ademais, deberán presentar no prazo de dous meses desde a finalización do período subvencionado unha memoria das actividades realizadas polas persoas técnicas de alta cualificación asinada pola persoa contratada e pola persoa responsable da empresa.

Artigo 49. Perda do dereito ao cobramento da subvención e reintegro

1. Procederá a perda do dereito ao cobramento da subvención e axudas, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos programas desta orde.

2. A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

3. Procederá o reintegro das axudas cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

3.1. Cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 48.2 por cada contratación subvencionada e non substituída, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Cando a substitución se realice transcorrido o prazo establecido no artigo 48.2 entenderase que se produce un incumprimento parcial. Neste caso, a contía para reintegrar calcularase do seguinte xeito:

a) Divídese entre vinte e catro o importe concedido pola persoa traballadora substituída.

b) Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose, para estes efectos, o prazo que concede a orde para proceder á substitución. Así mesmo, o mes no que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

Multiplícase o importe obtido na letra a) polo número de meses en que o posto de traballo estivera vacante, conforme a letra b).

3.2. Cando á nova persoa traballadora substituta se lle poida conceder unha subvención por un importe inferior ao da persoa substituída, procederá o reintegro parcial da axuda concedida pola diferenza entre a cantidade percibida e a cantidade que correspondería á nova contratación.

3.3. Cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 48.3 por cada contratación subvencionada e non substituída, procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Cando a substitución se realice, transcorrido o prazo establecido no artigo 48.3, entenderase que se produce un incumprimento parcial. Neste caso, a contía para reintegrar calcularase do seguinte xeito:

a) Divídese entre o número de meses de duración do contrato temporal que se subvenciona o importe concedido pola persoa traballadora substituída.

b) Calcúlase o número de meses que o posto estivo vacante, computándose, para estes efectos, o prazo que concede a orde para proceder á substitución. Así mesmo, o mes no que se leve a cabo a substitución considerarase como mes de incumprimento, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.

Multiplícase o importe obtido na letra a) polo número de meses nos que o posto de traballo estivese vacante, conforme a letra b).

4. Cando a empresa beneficiaria incumpra a obriga establecida no artigo 48.1.d) procederá o reintegro da axuda concedida pola persoa traballadora de que se trate.

Para o caso de subvencións incompatibles con outras axudas:

Reintegro 10 %: incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Reintegro 100 % importe subvención percibida máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder: incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

Para o caso de subvencións compatibles:

Reintegro 5 %: incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Reintegro exceso percibido máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder: incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

5. Salvo que se acrediten causas alleas á vontade do persoa beneficiaria, no caso de incumprimento respecto da obriga de manter a actividade empresarial durante dous anos, e sempre que o cumprimento se aproxime de forma significativa ao cumprimento total, entendendo como tal o ter mantido a actividade, como mínimo, dezaoito meses e se acredite pola persoa ou entidade beneficiaria unha actuación inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos, procederá o reintegro parcial das subvencións percibidas de forma proporcional ao tempo que reste para o cumprimento dos dous anos.

Disposición adicional. Delegación de competencias

Respecto do Programa I, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Respecto do Programa II, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas beneficiarias, respecto das resolucións concesorias de que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file