Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12784

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2022 pola que se convocan, para o persoal laboral fixo de administración e servizos, os procesos selectivos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira nas escalas e subescalas propias desta universidade.

O Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo, asinado o 5 de xullo de 2021 e ratificado polo Consello de Goberno na sesión do 27 de outubro de 2021, co informe favorable do Consello Social na sesión do 3 de novembro, establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira por parte do persoal laboral fixo.

A Resolución do 2 de decembro de 2021 pola que se publica a RPT do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG nº 243, do 21 de decembro), estipula que a Xerencia ditará as instrucións e realizará os trámites necesarios para dar efectos e executar esta relación de postos de traballo. En todo caso, estes efectos atribuiranse con posterioridade á finalización da primeira convocatoria do proceso de funcionarización previsto no dito acordo.

En execución da dita RPT, e como consecuencia do Acordo de funcionarización, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), do Goberno da Xunta de Galicia, resolve convocar os procesos selectivos para a adquisición da condición de funcionario/a de carreira do persoal laboral fixo desta universidade, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria.

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto destes procesos é permitir o cambio do vínculo xurídico do persoal laboral fixo da Universidade de Vigo á condición de persoal funcionario de carreira das escalas e subescalas propias dos diferentes grupos de titulación.

As especificidades do proceso baséanse no Acordo de funcionarización do 5 de xullo de 2021.

1.2. De conformidade co artigo 8 do Acordo de funcionarización, desenvolveranse dous (2) procesos diferenciados:

a) Proceso xeral: dirixido ao persoal laboral fixo que pretenda adquirir a condición de persoal funcionario de carreira nas correspondentes escalas e subescalas.

As categorías de PAS laboral, as escalas e as subescalas en que se integran, así como o programa de materias que rexerán este proceso xeral, son os reflectidos no anexo II desta convocatoria.

b) Proceso específico: dirixido ao persoal laboral fixo do grupo III das categorías de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e comunicacións e de técnico/a especialista de laboratorio, de conformidade co previsto na disposición adicional novena do II Convenio colectivo do PAS laboral, que pretenda adquirir a condición de persoal funcionario de carreira nas correspondentes escalas e subescalas do subgrupo A2.

As categorías de PAS laboral, as escalas e as subescalas en que se integran, así como o programa de materias que rexerán este proceso específico, son os reflectidos no anexo III desta convocatoria.

O sistema de selección en ambos os procesos consistirá na superación dun concurso-oposición coas características que se indican na base sétima.

1.3. De conformidade co estipulado no artigo 7 do Acordo de funcionarización, as persoas que reúnan os requisitos para participar neste proceso e non tomen parte nas probas esgotarán esta convocatoria xeral e só lles quedará o dereito á segunda convocatoria, agás causas de forza maior que valorará a Xerencia.

1.4. A este proceso selectivo aplicaránselle a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP); a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG); o II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo; os estatutos da Universidade de Vigo; o Acordo de funcionarización do 5 de xullo de 2021 e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.5. Os actos deste proceso que se deban publicar, agás cando a publicación se realice no Diario Oficial de Galicia (DOG), terán como data de efectos a da súa publicación no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml). Con efectos unicamente informativos tamén se publicarán no seguinte enderezo electrónico https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

1.6. Para os efectos de información e consultas, as persoas interesadas pódense dirixir por correo electrónico a consultapas@uvigo.gal e por teléfono ao número 986 81 37 62.

2. Requisitos.

Poderá participar nos procesos de funcionarización para o acceso á escala ou subescala de que se trate o persoal laboral fixo de administración e servizos desta universidade que reúna os seguintes requisitos:

a) Ser titular dun posto dos que figuran para cada escala ou subescala na listaxe que se publicará no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo indicado na base 1. Así mesmo, tamén poderá participar o persoal laboral fixo que se encontre en calquera situación administrativa distinta á de servizo activo, agás a de suspensión de funcións.

b) Estar en posesión do título que se exixa para cada categoría, segundo se establece no anexo I. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

c) No proceso específico, ademais, ter prestado servizos efectivos como PAS laboral na categoría desde a cal se accede á promoción durante, polo menos, dous (2) anos.

Todos os requisitos enumerados anteriormente se deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e se deberán manter durante todo o proceso selectivo ata a toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

3. Solicitudes.

3.1. Para participar neste proceso deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, e cubrir todos os campos obrigatorios, validalos e confirmalos.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615947); tamén se poden presentar na Oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro dos Campus de Ourense (unidade administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (r/ Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, as persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na solicitude as posibles adaptacións de tempo e/ou medios que consideren necesarias para a realización das probas e o seu motivo; para este fin, deberase achegar coa solicitude un certificado que acredite a discapacidade, así como o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade. Para estes efectos, o ditame médico deberá ser suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.

3.4. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e poderán unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.2. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Reitoría da Universidade de Vigo ditará unha resolución que se publicará no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml), en que se aprobe a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, indicando o nome, os apelidos e o número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión, de ser o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

4.3. A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou corrección entenderase implícita na resolución da Reitoría que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas.

4.4. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non implicará recoñecerlles ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos, de xeito que a constatación de que non os posúen producirá o decaemento de todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

5. Comisión de Funcionarización.

5.1. A composición da Comisión de Funcionarización cualificadora deste proceso estableceuse mediante a Resolución reitoral do 17 de decembro de 2021, figura no anexo IV desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Deberá actuar de acordo co disposto na LPACAP e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

5.2. De conformidade co establecido no artigo 12 do Acordo de funcionarización, correspóndelle a esta comisión executar os procesos de funcionarización de todas as categorías profesionais que se convoquen e realizar a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira daquel persoal que supere o proceso.

5.3. As persoas que formen parte da Comisión deberanse abster de intervir, e notificaranllo ao reitor da Universidade, cando concorran nelas as circunstancias previstas no artigo 23 da LRXSP, cando realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria, ou de teren colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores, de acordo co artigo 59.2 da LEPG.

A Presidencia deberalles solicitar ás restantes persoas que formen parte da Comisión, ás persoas que actúen como persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non encontrarse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os e as integrantes da Comisión cando concorran neles/as algunha das circunstancias sinaladas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da LRXSP.

5.4. A Reitoría publicará nos lugares indicados na base 1 a resolución pola que se nomeen os novos integrantes da Comisión que substituirán os que perdesen a súa condición por algunhas das causas previstas na base anterior.

5.5. Logo da convocatoria da Presidencia, constituirase a Comisión coa asistencia, presencial ou a distancia, do/da presidente/a e o/a secretario/a ou, se é o caso, daqueles/as que os/as substitúan, e a metade, polo menos, dos/das seus membros titulares ou suplentes.

5.6. Corresponderalle á Comisión a consideración, verificación e apreciación das incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos exercicios, a cal adoptará ao respecto as decisións que xulgue pertinentes.

5.7. A Comisión poderalle propor ao reitor a designación de asesores/as especialistas, que se limitarán a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas e que deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á exixida nesta convocatoria. A súa designación publicarase na páxina electrónica indicada na base 1 e seralles de aplicación o previsto en materia de abstención e recusación.

Así mesmo, cando o número de aspirantes o faga conveniente, poderá solicitar do reitor a designación de persoal colaborador.

5.8. A Comisión adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base 3.3, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.9. A Comisión adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e excluirá aquelas que consignen nas follas de exame marcas ou signos que as singularicen.

5.10. En calquera momento do proceso selectivo, se a Comisión ten coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre calquera dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao órgano que convoca ou, se é o caso, pór no seu coñecemento a posible concorrencia desta circunstancia, para que, logo das comprobacións necesarias, se resolva ao respecto.

5.11. Para os efectos de comunicacións, a Comisión terá a súa sede no Edificio Exeria e poderanse dirixir polas canles sinaladas na base 1.

6. Disposicións comúns.

6.1. A Comisión de Funcionarización poderalles requirir en calquera momento ás persoas aspirantes que acrediten a súa identidade; con este fin, deberán estar provistas do documento nacional de identidade. Na realización das probas garantirase, sempre que sexa posible, o anonimato das persoas.

As persoas aspirantes serán convocadas para a realización do exercicio nun único chamamento, no cal acreditarán a súa identidade, e serán excluídas do proceso selectivo as que non comparezan. Deberán obedecer as instrucións da Comisión e, de ser o caso, do persoal colaborador co fin do seu correcto desenvolvemento; en caso contrario, poderanlle impedir ao aspirante a continuación do proceso. Contra este acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.2. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderano pór en coñecemento da Comisión e xuntarán á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberase realizar dentro dos cinco días hábiles seguintes ao do anuncio da data do exame, e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso da Comisión ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

A Comisión acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente, tomando en conta, ademais do alegado, os dereitos das demais persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e ás necesidades e aos intereses da Universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. O lugar, a data e a hora de realización do exercicio de cada proceso publicaranse na resolución que aprobe a relación definitiva, nos lugares previstos na base 1, cun mes de antelación, e non se realizará antes do 15 de marzo de 2022.

7. Procesos selectivos.

7.1. Proceso xeral.

No anexo II reflíctense a relación de categorías de PAS laboral dos distintos grupos de titulación obxecto de funcionarización, as escalas e subescalas de PAS funcionario en que se integran, así como como o programa de materias que rexerán este proceso xeral.

A. Fase de oposición:

Consistirá na superación dunha proba tipo test, de carácter eliminatorio, con catro respostas alternativas, das cales só unha delas será correcta; todas as preguntas terán a mesma puntuación e non puntuarán negativamente as respostas incorrectas.

O número de preguntas do cuestionario e o tempo de realización por cada grupo ou subgrupo de titulación será o seguinte:

a) Subgrupo A1: 80 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será correcta. O tempo de realización será 120 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

b) Subgrupo A2: 70 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será correcta. O tempo de realización será 110 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

c) Subgrupo C1: 60 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será correcta. O tempo de realización será 100 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

d) Subgrupo C2: 50 preguntas con 4 respostas alternativas das cales só unha será correcta. O tempo de realización será 90 minutos. O cuestionario incluirá 3 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde.

As preguntas do cuestionario serán seleccionadas entre unha batería de preguntas que será previamente publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo sinalado na base 1. Para o desenvolvemento desta proba, poderanse servir de textos legais sen comentarios.

O exercicio cualificarase como apto ou non apto e para obter a cualificación de apto será necesario responder correctamente ao 50 % das preguntas do cuestionario que corresponda a cada subgrupo.

B. Fase de concurso:

O concurso de méritos, que non terá carácter eliminatorio, consistirá na valoración dos seguintes méritos:

a) Antigüidade: os servizos prestados serán valorados consonte se establece no anexo III do II Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.

Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

A valoración por cada grupo ou subgrupo de titulación será a seguinte:

– Subgrupo A1: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 por mes completo traballado.

– Subgrupo A2: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,093 por mes completo traballado.

– Subgrupo C1: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,105 por mes completo traballado.

– Subgrupo C2: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,139 por mes completo traballado.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos.

A Comisión de Funcionarización publicará no taboleiro electrónico indicado na base 1 a listaxe coa valoración provisional da fase de concurso de todas as persoas admitidas antes de realizar a fase de oposición, detallada para cada unha das epígrafes indicadas, contra a cal se poderá reclamar no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

7.2. Proceso específico.

No anexo III reflíctense a relación de categorías do grupo III de PAS laboral obxecto de funcionarización, as escalas e as subescalas de PAS funcionario en que se integran, así como como o programa de materias que rexerán este proceso específico.

A. Fase de oposición:

Terá carácter eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 100 preguntas, con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, acerca das materias do programa; todas as preguntas terán a mesma puntuación e non puntuarán negativamente as respostas incorrectas. O cuestionario incluirá 5 preguntas de reserva que substituirán, se é o caso, as anuladas pola súa orde. O tempo de realización será de 140 minutos.

O exercicio cualificarase como apto ou non apto e para obter a cualificación de apto será necesario responder correctamente o 50 % das preguntas do cuestionario.

As preguntas do cuestionario serán seleccionadas entre unha batería de preguntas que será previamente publicada no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo sinalado na base 1. Para o desenvolvemento desta proba, poderanse servir de textos legais sen comentarios.

B. Fase de concurso:

Non terá carácter eliminatorio. A Universidade publicará a avaliación dos méritos antes de realizar a fase de oposición. Serán obxecto de valoración:

a) Antigüidade: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,105 por mes completo traballado. Os servizos prestados serán valorados consonte se establece no anexo III do II Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.

Computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

b) Nomeamento na categoría de acceso á condición de persoal laboral fixo: 2 puntos.

A Comisión de Funcionarización publicará no taboleiro electrónico indicado na base 1 a listaxe coa valoración provisional da fase de concurso de todas as persoas admitidas antes de realizar a fase de oposición, detallada para cada unha das epígrafes indicadas, contra a cal se poderá reclamar no prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

8. Listaxe de aprobados.

8.1. Concluído o exercicio da fase de oposición, a Comisión fará pública nos lugares previstos na base 1 un acordo coa relación de persoas aspirantes que o superasen; contra este acordo poderanse presentar reclamacións no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

8.2. Resoltas as reclamacións, a Presidencia da Comisión publicará a relación coas persoas que superasen o proceso selectivo. A continuación, elevaraa á Reitoría, que ditará e publicará unha resolución en que poña fin ao proceso selectivo.

9. Presentación de documentos.

9.1. A partir do día seguinte ao da publicación indicada na base 8.2, as persoas propostas disporán dun prazo de vinte días hábiles para presentaren, na Oficina de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo, unha fotocopia do título académico ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que capacitan para a obtención do título, xunto co xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición; no caso de titulación obtida no estranxeiro, presentarase credencial da súa homologación ou equivalencia.

Quedarán exceptuadas de presentalo as persoas que xa o achegasen con anterioridade e consten nos seus expedientes persoais na Universidade de Vigo, as cales indicarán esta circunstancia por escrito neste mesmo prazo.

9.2. Se dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior libremente apreciados, non se presenta a documentación ou do seu exame se deduza que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

9.3. Dentro do prazo fixado no punto primeiro desta base, subscribirase un acordo de extinción do contrato de traballo (anexo V) condicionado á toma de posesión como funcionario de carreira, despois da cal quedará extinguida a súa vinculación laboral coa Universidade de Vigo.

10. Nomeamento de persoal funcionario de carreira e toma de posesión.

10.1. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos, procederase ao nomeamento como persoal funcionario de carreira mediante unha resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10.2. A toma de posesión como persoal funcionario de carreira efectuarase con carácter definitivo no mesmo posto que se viñese ocupando con este carácter como persoal laboral fixo na data que se sinale para o efecto na resolución pola cal se acorde o nomeamento. Desde a toma de posesión como persoal funcionario de carreira seralle de aplicación, para todos os efectos, a normativa sobre o persoal funcionario aplicable na Universidade de Vigo e iniciará a consolidación do grao de conformidade coa normativa xeral.

No caso de estar ocupando o posto con carácter provisional por reingreso, tomará posesión do mesmo posto con este carácter.

10.3. Exclusivamente para o persoal laboral fixo que participe no proceso específico de funcionarización e non conte coa titulación exixida para acceder ao subgrupo A2 pero posúa a titulación requirida para acceder ao grupo II de PAS laboral, nos termos establecidos no artigo 13 do II Convenio colectivo, de superar o proceso quedará integrado no subgrupo C1 e percibirá un complemento persoal cuxa contía será a diferenza coa retribución do subgrupo A2.

10.4. O persoal laboral fixo que acceda á condición de persoal funcionario desde situación distinta á de servizo activo manterase nesa situación administrativa ou na que lle corresponda como persoal funcionario.

11. Norma derradeira.

11.1. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo, e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria, as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza desta convocatoria. Non obstante, e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicaralle esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non o faceren, serán excluídos do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitarlle ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao dito tratamento e a solicitar, agás nos casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderanse exercer mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo na Oficina de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP, e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus Universitario As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, pode dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos do responsable: Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas, s/n, 32004 Ourense (España), 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

11.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de febreiro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Titulacións requiridas

Só se poderá acoller a este proceso o persoal laboral fixo coa titulación correspondente requirida para cada grupo/subgrupo:

– Para a funcionarización en escalas pertencentes ao subgrupo A1: estar en posesión do título universitario de grao, licenciado, arquitecto ou enxeñeiro ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias.

– Para a funcionarización en escalas pertencentes ao subgrupo A2: estar en posesión ou en condicións de obter, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes, o título universitario de grao, diplomatura universitaria, enxeñaría técnica, arquitectura técnica ou título declarado equivalente a algún dos anteriores. Considérase equivalente ao título de diplomado universitario ter superados tres cursos completos de licenciatura.

Non obstante, de conformidade co disposto no artigo 8.B.2 do Acordo de funcionarización, exclusivamente para o persoal laboral fixo que participe no proceso específico de funcionarización que non conte coa titulación exixida para acceder ao subgrupo A2 pero posúa a titulación requirida para acceder ao grupo II de PAS laboral, nos termos establecidos no artigo 13 do II Convenio colectivo, de superar o proceso quedará integrado no subgrupo C1 e percibirá un complemento persoal cuxa contía será a diferenza coa retribución do subgrupo A2.

– Para a funcionarización en escalas pertencentes ao subgrupo C1: estar en posesión do título de bacharelato ou técnico ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias ou, de conformidade co establecido na disposición adicional novena do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), acreditar unha antigüidade de dez anos en categorías laborais adscritas ao grupo III da Universidade de Vigo. Así mesmo, observarase o disposto na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño (BOE do 17 de xuño) pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo (BOE do 14 de marzo).

– Para a funcionarización en escalas pertencentes ao subgrupo C2: estar en posesión do título de graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias.

ANEXO II

Proceso xeral

Relación de categorías dos distintos grupos de titulación obxecto de funcionarización e temarios da fase de oposición.

A. Subgrupo A1:

I. Relación de categorías do grupo I do persoal laboral da Universidade de Vigo obxecto de funcionarización.

Categoría

Prazas

Escala

Subescala

T.S. de igualdade

1

Técnica superior de servizos xerais

Igualdade

T.S. de análise instrumental

2

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Análise instrumental

T.S. de teledetección

1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Teledetección

T.S. de determinación estrutural e proteómica

3

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Determinación estrutural e proteómica

T.S. de microscopia electrónica

2

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Microscopia electrónica

T.S. de análise de superficies

1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Análise superficies

T.S. de calidade ambiental e histoloxía

1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Calidade ambiental e histoloxía

T.S. de relacións internacionais

2

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Relacións internacionais

T.S. de l+D

6

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

I+D

T.S. de tecnoloxías da información e comunicacións

14

Técnica superior de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

T.S. de teledocencia

1

Técnica superior de apoio á docencia e investigación

Teledocencia

T.S. de actividades culturais

1

Técnica superior de servizos xerais

Actividades culturais

T.S. de actividades deportivas

1

Técnica superior de servizos xerais

Deportes

T.S. de prevención de riscos laborais

2

Técnica superior de servizos xerais

Riscos laborais

T.S. de orientación e promoción do emprego e o emprendemento

1

Técnica superior de servizos xerais

Emprego e emprendemento

Total prazas

39

 

 

II. Temarios.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).

2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).

3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

4. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Ordenación do Sistema universitario de Galicia.

5. O estudo, a docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento.

6. A calidade no ensino universitario e a calidade nos servizos universitarios.

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

7. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido). Sección 5ª. Persoal eventual: (artigo 29. Concepto e funcións. Artigo 30. Nomeamento e cesamento do persoal eventual. Artigo 31. Réxime xurídico).

8. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición de persoal directivo e carreira directiva).

9. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público: (artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo.). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos: (artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

10. A iniciación do procedemento.

11. A instrución do procedemento.

12. A terminación normal do procedemento: a resolución.

13. A terminación do procedemento por silencio administrativo.

14. Os recursos administrativos.

B. Subgrupo A2:

I. Relación de categorías do grupo II do persoal laboral da Universidade de Vigo obxecto de funcionarización.

Categoría

Prazas

Escala

Subescala

T.M. de tecnoloxías da información e comunicacións

3

Técnica media de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

Xestor de actividades culturais

1

Técnica media de servizos xerais

Actividades culturais

Total prazas

4

 

 

II. Temarios.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).

2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).

3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido).

5. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición de persoal directivo e carreira directiva).

6. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público: (artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos: (artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

7. A iniciación do procedemento.

8. A instrución do procedemento.

9. A terminación normal do procedemento: a resolución.

10. A terminación do procedemento por silencio administrativo.

11. Os recursos administrativos.

C. Subgrupo C1:

I. Relación de categorías do grupo III do persoal laboral da Universidade de Vigo obxecto de funcionarización.

Categoría

Prazas

Escala

Subescala

T.E de servizos xerais

17

Técnica especialista de servizos xerais

Conserxaría

T.E de bibliotecas

50

Técnica especialista de bibliotecas

Biblioteca

T.E de actividades deportivas

4

Técnica especialista de servizos xerais

Deportes

T.E de xardinaría e zonas verdes

2

Técnica especialista de servizos xerais

Xardinaría e zonas verdes

T.E de transporte e distribución

6

Técnica especialista de servizos xerais

Condutor

Total prazas

80

 

 

II. Temarios.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).

2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).

3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

5. A iniciación do procedemento.

6. A instrución do procedemento.

7. A terminación normal do procedemento: a resolución.

D. Subgrupo C2:

I. Relación de categorías do grupo IV do persoal laboral da Universidade de Vigo obxecto de funcionarización.

Categoría

Prazas

Escala

Subescala

A.T. de servizos xerais

74

Auxiliar técnica de servizos xerais

Conserxaría

A.T. de instalacións deportivas

11

Auxiliar técnica de servizos xerais

Deportes

Total prazas

85

 

 

II. Temarios.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).

2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).

3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario).

ANEXO III

Proceso específico

Relación de categorías do grupo III obxecto de funcionarización e temarios da fase de oposición.

I. Relación de categorías do grupo III do persoal laboral da Universidade de Vigo obxecto do proceso específico de funcionarización.

Categoría

Prazas

Escala

Subescala

Técnico/a especialista de análise instrumental

3

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Análise instrumental

Técnico/a especialista de microscopia electrónica

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Microscopia electrónica

Técnico/a especialista de electrónica e instrumentación científica e de calibración

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Electrónica e instrumentación científica e de calibración

Técnico/a especialista de máquinas e ferramentas

2

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Máquinas e ferramentas

Técnico/a especialista de tecnoloxías da información e comunicacións

14

Técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicacións

Informática

Técnico/a especialista de delineación e deseño asistido por ordenador

2

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Delineación e deseño asistido por ordenador

Técnico/a especialista de bioloxía

3

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Bioloxía

Técnico/a especialista de química

5

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Química

Técnico/a especialista de física

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Física

Técnico/a especialista de nefelometría e susceptibilidade magnética

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Nefelometría e susceptibilidade magnética

Técnico/a especialista de automatización industrial

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Automatización industrial

Técnico/a especialista de electrónica

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Electrónica

Técnico/a especialista de mecánica

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Mecánica

Técnico/a especialista de mecanización de alto baleiro de P.C.O.

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Mecanización de alto baleiro de P.C.O.

Técnico/a especialista de análise dos alimentos

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Análise de alimentos

Técnico/a especialista capataz forestal

1

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Capataz forestal

Técnico/a especialista de medios audiovisuais

2

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Medios audiovisuais

Técnico/a especialista de obradoiro de belas artes

2

Técnica especialista de apoio á docencia e investigación

Obradoiro de belas artes

Total prazas

43

II. Temarios.

Área temática 1: Organización universitaria. Estatutos da Universidade de Vigo.

1. Título preliminar. Disposicións xerais (artigos do 1 ao 5).

2. Título I. Estrutura, goberno e administración da Universidade (artigos do 6 ao 50).

3. Título II. Comunidade universitaria (artigos do 51 ao 96).

Área temática 2: Función pública. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

4. Título III. Clases de persoal: (artigo 20. Concepto e clases de empregados públicos). Sección 2ª. Persoal funcionario de carreira: (artigo 21. Concepto. Artigo 22. Funcións e postos de traballo reservados ao persoal funcionario). Sección 3ª. Persoal funcionario interino: (artigo 23. Concepto e requisitos. Artigo 24. Adquisición e perda da condición de persoal funcionario interino. Artigo 25. Réxime xurídico. Artigo 28. Persoal laboral indefinido).

5. Capítulo II. Persoal directivo: (artigo 33. Concepto. Artigo 34. Adquisición da condición de persoal directivo e carreira directiva).

6. Título IV. Organización do emprego público. Capítulo I. Estrutura do emprego público: (artigo 37. Posto de traballo. Artigo 38. Relación de postos de traballo.). Sección 2ª. Ordenación dos empregados públicos: (artigo 40. Corpos e escalas). Capítulo II. Planificación do emprego público: (artigo 45. Obxectivos da planificación. Artigo 47. Plans de ordenación de recursos humanos. Artigo 48. Oferta de emprego público).

Área temática 3: Procedemento administrativo.

7. A iniciación do procedemento.

8. A instrución do procedemento.

9. A terminación normal do procedemento: a resolución.

10. A terminación do procedemento por silencio administrativo.

Área temática 4: Bloque específico.

11. Sinalización en centros e locais de traballo: concepto, tipos e características. Equipamentos de protección individual: xestión e análise de EPI. Protección colectiva.

12. Riscos relacionados coas condicións de seguridade en máquinas, equipamentos, instalacións e ferramentas. Riscos eléctricos: factores que determinan os efectos, tipo de contactos eléctricos e protección fronte a eles.

13. A ergonomía e o posto de traballo. A carga física de traballo: fatiga física. Ritmos de traballo e movementos repetitivos. Factores psicosociais e organizativos.

14. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes (título V, capítulos I, II e III).

ANEXO IV

Comisión de Funcionarización

Titular:

Presidenta: María Dolores Ojea Troncoso, funcionaria da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

Vogais:

Gerardo Marraud González, funcionario da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade Carlos III de Madrid.

Ana Quiroga Fraga, funcionaria da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo.

Iván Carlos Area Carracedo, profesor titular da Universidade de Vigo.

Secretaria: María de los Ángeles Hermida Paredes, funcionaria da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

Suplente:

Presidenta: Marta Fernández Prieto, profesora titular da Universidade de Vigo.

Vogais:

María José Pousa Crespo, funcionaria da escala de letrados da Universidade de Vigo.

Álvaro Xosé López Mira, profesor titular da Universidade de Vigo.

Iolanda Gloria Galanes Santos, profesora titular da Universidade de Vigo.

Secretario: Andrés Dapena Paz, funcionario da escala de letrados da Universidade de Vigo.

ANEXO V

Acordo de extinción do contrato de traballo

Dunha parte, don/dona....................................................................................................., reitor/a da Universidade de Vigo, que intervén como representante desta.

Doutra parte, don/dona...................................................................................................., con DNI......................, persoal laboral fixo da Universidade de Vigo.

Recoñecéndose ambas as dúas partes competencia e capacidade, acordan a extinción do contrato de traballo condicionado á toma de posesión como persoal funcionario de carreira, nos termos establecidos na resolución pola que se acorde tal nomeamento e consonte o establecido no artigo 9.1.b) do Acordo de funcionarización do persoal laboral fixo de administración e servizos da Universidade de Vigo.

.................................., ....... de........................... de 2022

(localidade) (día) (mes)