Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da oferta de emprego público 2022.

Mediante a Resolución de Alcaldía número 2022/000179, do 1 de febreiro de 2022 resolveuse aprobar a oferta de emprego público de 2022 do Concello de Monforte de Lemos, de acordo coa normativa para o efecto.

Segundo o disposto no artigo 128 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase a oferta de emprego público do exercicio de 2022, constituída polas seguintes prazas:

– Funcionarios de carreira:

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: grupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Posto: arquitecto/a. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: grupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica. Posto: técnico/a de informática. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: grupo C1, escala de Administración especial, subescala básica. Posto: oficial policía local. Número de vacantes: unha.

Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: grupo C2, escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Posto: auxiliar. Número de vacantes: dúas.

– Persoal laboral:

Nivel de titulación: diplomado ou equivalente. Denominación do posto: coordinador/a dos servizos sociais municipais. Categoría: traballador/a social. Número de vacantes: unha.

Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto do 1.2.2022)
Gloria Prada Rodríguez
Primeira tenente de alcalde