Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2022, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/19/072.06.

Para os efectos de coñecemento das persoas interesadas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de construción de senda na PO-548 (pp.qq. 2+970-3+200) e continuidade nun vía municipal, de clave PO/19/072.06, que terá lugar na Casa do Concello de Valga o día 11 de marzo de 2022.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 11 de febreiro de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36056A04300526

Zona Arosa, S.L.

11.3.2022

10.00

9

36056A04300541

Dolores Castromán Castiñeiras

11.3.2022

11.50

13

36056A04300540

Raimundo Seares Seares

11.3.2022

12.10

20

36056A03900005

María Esther Ferro Pardal

11.3.2022

13.10