Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2020/200-1, no concello de Ordes.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada telecontrol MEI809 (apoio 54-2), no concello de Ordes (expediente IN407A 2020/200-1), correspondente ás fincas e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 10 de febreiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/200-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: telecontrol MEI809 (apoio 54-2).

Concello: Ordes.

Predio

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Descoñecida

29.12.2021