Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 15 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Reboiro, nos concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo) (expediente IN408A 2018/041).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 10 de maio de 2021, Green Capital Power, S.L. presentou, perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Enerxía, Empresa e Innovación, unha solicitude de modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado parque eólico Reboiro.

– A dirección xeral solicitou o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia de territorio con data do 29.9.2021.

– Con data do 21.10.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, con data do 23.11.2021 a dirección xeral competente en materia de enerxía achegou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, consonte o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Solicitante/promotora: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).

Domicilio social: r/ Marqués de Villamagna, nº 3, andar 5º, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Reboiro.

Situación: concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo).

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Serra da Lagoa.

Potencia instalada: 49,5 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 11.

Produción neta anual: 172.367 MW h/ano.

Orzamento de execución material: 39.527.626,84 €.

Coordenadas da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

P1

636.732,22

4.750.786,49

P2

635.875,08

4.756.786,49

P3

639.875,08

4.756.786,49

P4

641.875,08

4.750.786,49

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

RE01

637022.16

4754192.22

RE02

636982.77

4754671.54

RE03

636864.91

4755096.99

RE04

637457.07

4755987.86

RE05

638189.57

4755407.55

RE06

638930.47

4754571.31

RE07

639376.22

4754601.21

RE08

639752.61

4754324.85

RE09

639980.99

4753906.99

RE10

640078.46

4753264.00

RE11

640454.10

4752950.48

Coordenadas da envolvente da subestación do parque eólico Reboiro:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

P01

638.193,31

4.754.889,12

P02

638.222,43

4.754.955,97

P03

638.246,08

4.754.951,68

P04

638.272,69

4.754.944,36

P05

638.286,06

4.754.939,25

P06

638.286,73

4.754.938,80

P07

638.292,13

4.754.936,42

P08

638.297,60

4.754.934,82

P09

638.299,74

4.754.932,68

P10

638.329,33

4.754.937,30

P11

638.306,68

4.754.820,39

P12

638.298,24

4.754.806,52

P13

638.257,47

4.754.832,70

P14

638.221,19

4.754.856,63

P15

638.188,19

4.754.880,02

Coordenadas de localización da torre meteorolóxica:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

TM

640.507,10

4.752.550,67

Características técnicas principais das instalacións:

– Once (11) aeroxeradores modelo GE158-4,5 MW, de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, con 121 m de altura de buxa, 158 m de diámetro de rotor, cos seus correspondentes centros de transformación, instalados no interior da góndola do aeroxerador, con potencia nominal unitaria de 5.527/5.730 kVA e relación de transformación 0,75/30 kV.

– Rede de media tensión soterrada para a evacuación de enerxía a 30 kV, composta por 4 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al, de interconexión entre os centros de transformación do aeroxerador con 0,75/30 kV, e a subestación transformadora a 30/132 kV.

– Subestación transformadora do parque eólico Reboiro a 30/132 kV, para a evacuación da enerxía producida no parque eólico, cunha posición de transformador 40/55 MVA ONAN/ONAF.

– Unha (1) torre meteorolóxica de 121 m de altura.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, cimentacións, plataformas dos aeroxeradores e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (de xaneiro de 2022) das instalacións, para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (de setembro de 2021).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de abril de 2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87), así como nos concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/reboiro

Lugo, 15 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo