Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13801

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Que, examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas pola Resolución do 21 de xullo de 2021 (DOG núm. 168, do 1 de setembro) e feita unha nova corrección respecto a vinte e un aspirantes, un deles ve incrementada a súa puntuación e outro deles ve reducida a súa puntuación, ben que isto non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Estas modificacións foron notificadas por este tribunal individualmente aos interesados.

Segundo. Que, examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas pola Resolución do 16 de novembro de 2021 (DOG núm. 234, do 7 de decembro) e feita unha nova corrección respecto a vinte e nove aspirantes, oito deles viron incrementada a súa puntuación, o que afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Estas modificacións foron notificadas por este tribunal individualmente aos interesados.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal