Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 13990

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B).

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 15, do 24 de xaneiro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 3951, no anexo VIII, no punto a) Produtos fitosanitarios e condicións de uso destes, punto 3º, onde di: «Dúas aplicacións terrestres cun intervalo entre aplicacións terrestres de 14-21 días», debe dicir: «Ata dúas aplicacións terrestres cun intervalo entre aplicacións terrestres de 14-21 días».