Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 28 de febreiro de 2022 Páx. 13985

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de febreiro de 2022 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de febreiro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primero. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de febreiro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file