Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2022 Páx. 14823

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 20 de xaneiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 2 de febreiro), procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a, convocado mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021.

Na base sétima da resolución de convocatoria do proceso disponse que a autoridade convocante publicará, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da concorrencia de causas de abstención nalgúns dos seus membros, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Único. Nomear, con efectos desde a data desta resolución, novos membros, titulares e suplentes, dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de calefactor/a e fontaneiro/a, convocado mediante a Resolución do 18 de xuño de 2021, nos termos que se indican no anexo.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Categoría de calefactor/a:

– Presidente titular. Rodríguez Castrelo, Cándido. Persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico, en substitución de Fernández Fernández, Fernando. Persoal estatutario de xestión e servizos, calefactor.

Categoría de fontaneiro/a:

– Vogal titular. López González, José Luis. Persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico, en substitución de Sierra Ferreiro, José Antonio. Persoal estatutario de xestión e servizos, fontaneiro.

– Presidente suplente. Blanco García, José Miguel. Persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico, en substitución de Folgueira Meilán, Óscar. Persoal estatutario de xestión e servizos, fontaneiro.

– Vogal suplente. Martínez Nogueira, Antonio. Persoal estatutario de xestión e servizos, fontaneiro, en substitución de Calvo Cheda, Víctor Manuel, enxeñeiro técnico.

Categoría de mecánico/a:

– Vogal titular. Fernández Torres, José Manuel. Persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico, en substitución de Freire Piñeiro, Juan Carlos. Persoal estatutario de xestión e servizos, enxeñeiro técnico.