Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14985

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para as prazas vacantes de xefaturas de sección da Área de Patoloxía Forense e da Área de Clínica Médico-Forense, na Subdirección Territorial da Coruña, e de xefatura de sección da Área de Clínica Médico-Forense, na Subdirección Territorial de Ourense, todas elas do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 1 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso específico de méritos as prazas vacantes da xefatura de sección da Área de Patoloxía Forense e a da Área de Clínica Médico-Forense, na Subdirección Territorial da Coruña, e de xefatura de sección da Área de Clínica Médico-Forense, na Subdirección Territorial de Ourense, do Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG núm. 178, do 15 de setembro), así como o artigo 49 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva e que se acreditou a observancia do procedemento debido, en uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta definitiva efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo. Resolver, no seguinte sentido, o concurso específico:

– Adxudicar o posto de xefe/a de sección da Área de Clínica Médico-Forense na Coruña a María Teresa Dopico Ríos, con posto de orixe XG9251820015001306.00 na Subdirección Territorial da Coruña do Imelga.

– Adxudicar o posto de xefe/a de sección da Área de Clínica Médico-Forense en Ourense a Tamara Méndez Fernández, con posto de orixe XG9251820032001301.00 na Subdirección Territorial de Ourense do Imelga.

– Declarar deserto o posto de xefe/a de sección da Área de Patoloxía Forense na Coruña.

Terceiro

1. O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. A toma de posesión do novo destino obtido polo concurso producirase nos tres días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade da persoa funcionaria, nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma e nos vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, excepción feita da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da Cidade de Ceuta e da Cidade de Melilla, en que será dun mes.

Cuarto

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2022

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Persoa adxudicataria

Denominación: xefe/a de sección da Área de Patoloxía Forense.

Código do posto: XG9251820015001311.04

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Deserto

Denominación: xefe/a de sección da Área de Clínica Médico-Forense.

Código do posto: XG9251820015001312.04.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Dopico Ríos, María Teresa

Denominación: xefe/a de sección da Área de Clínica Médico-Forense.

Código do posto: XG9251820032001308.04.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: Ourense.

Méndez Fernández, Tamara