Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 15049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público de 2021.

Expediente núm.: 4103/2021.

Procedemento: planificación e ordenación de persoal (S0312-ofertas de emprego público).

Asunto: oferta de emprego público 2021 (OEP 2021).

Documento: anuncio.

Trámite: publicación da oferta de emprego público 2021 (OEP 2021): ordinaria, correspondente á taxa de reposición de efectivos LPXE 2021 e de estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021-1198, do 29 de decembro de 2021, rectificada mediante a Resolución do 30 de decembro de 2021 número 1207/2021, por erro material advertido na clasificación dunha das prazas ofertadas, aprobouse a seguinte oferta de emprego público para o exercicio 2021 coa especificación das prazas relacionadas, xunto coa súa denominación e clasificación:

A. Oferta de emprego público 2021 pola taxa de reposición de efectivos:

Persoal funcionario de carreira.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Provisión

1

Policía local

C

C1

Admón. especial

Servizos especiais

Quenda libre

1

Administrativo/a

C

C1

Admón. xeral

Administrativa

Quenda libre

Persoal laboral fixo.

Denominación

Grupo

Subgrupo

Provisión

1

Limpador/a

5

5B

Quenda libre

B. Oferta de emprego público 2021 para a estabilización do emprego temporal:

Persoal funcionario:

Denominación da praza

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Nº prazas

Auxiliar administrativo/a

C

C2

Admón. xeral

Auxiliar

2

Técnico de Intervención

A

A2

Admón. xeral

Xestión

1

Total: 3

Persoal laboral:

Estabilización segundo a Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017.

Denominación da praza

Grupo

Subgrupo

Nº prazas

Limpador/a

5

5B

4

Conserxe

5

5A

2

Total: 6

Estabilización do emprego temporal.

Denominación da praza

Grupo

Subgrupo

Nº prazas

Avogado/a

1

---

1

Psicólogo/a

1

---

1

Técnico/a sociocultural

2

---

1

Educador/a familiar

2

---

1

Coordinador/a ludoteca

2

---

1

Monitor/a ludoteca

3

---

1

Axente de desenvolvemento local

2

---

1

Orientador/a profesional

2

---

1

Peón

5

5B

1

Profesor/a de música

3

---

4

Conserxe

5

5A

1

Limpador/a

5

5B

5

Técnico/a de Cultura e Deportes

3

---

1

Oficial 1ª electricista

4

4B

1

Total: 21

O que se publica en cumprimento do ordenado na resolución de aprobación desta.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de se interpoñer o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da dita Lei 39/2015. Entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada e, daquela, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1) e 4) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que as persoas interesadas xulguen procedente conforme dereito.

Moaña, 30 de decembro de 2021

Leticia Santos Paz
Alcaldesa