Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2022 Páx. 15277

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal en diversas categorías profesionais.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal en diversas categorías profesionais da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública
de Servizos Agrarios Galegos, S.A.