Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15436

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez presentada a renuncia do secretario titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro) e correccións de erros (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2020, e DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Francisco Morán Losada, como secretario titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Segundo. Nomear no seu lugar como secretario titular do dito tribunal a Xosé Inacio Palomanes Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública