Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2022 Páx. 15531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza de administrativo de xestión C1.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 138/2021 aprobouse a oferta de emprego público de 2021, ampliada mediante as resolucións da Alcaldía número 437/2021, do 5 de novembro, e número 475/2021, do 3 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 242, do 22 de decembro de 2021, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección de persoal funcionario para o acceso a unha praza de administrativo de xestión en quenda libre, mediante concurso-oposición.

A través da Resolución da Alcaldía número 79/2022, do 9 de febreiro, convocouse o proceso selectivo para a provisión dunha praza de administrativo de xestión C1 en quenda libre, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

San Sadurniño, 11 de febreiro de 2022

Secundino García Casal
Alcalde