Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser afiliadas ou afiliados aquelas traballadoras e traballadores do ensino, desde Educación Infantil á Universidade, que se encontren en activo, desempregadas, excedentes ou xubiladas.

– Asinantes: Maica Couto Míguez, Carmen Fernández Anllo, Consuelo Rodríguez Prieto, Carmen María Rodríguez Carro, José Manuel Cabezudo Moreno, José Ángel Sánchez Redondo, Lúa Iglesias Cordón e Sergio Alexandre Nunes García.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais