Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Asociación Empresarial de Juegos de Azar de Galicia (Asejuga).

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data do 13.1.2022, os estatutos da Asociación Empresarial de Juegos de Azar de Galicia (Asejuga) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito funcional: a asociación agrupará as persoas xurídicas existentes ou que se poidan crear no futuro en territorio autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, e que se dediquen a calquera das actividades relacionadas no artigo 3 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora do xogo en Galicia.

Asinan a acta de constitución: José Collazo Mato, Francisco Javier García de los Reyes-García, José González Fuentes e José Alfredo González Fuentes.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais