Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16699

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO do proceso selectivo dunha praza de auxiliar administrativo.

Mediante decreto desta alcaldía do 24 de xaneiro de 2022, aprobouse a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura mediante concurso-oposición, dunha praza de auxiliar administrativo con persoal funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 35, do 21 de febreiro de 2022, publicaronse íntegramente as bases que rexerán o proceso, e publícase unha corrección de erro nas bases no BOP nº 39, do 25 de febreiro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio da listaxe provisional de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello (https://concellodevaldovino.com). Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse conforme se sinalan nas bases da convocatoria.

Valdoviño, 28 de febreiro de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde