Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2022 Páx. 16924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 245, de 21 de decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexen o proceso selectivo para a cobertura polo sistema de mobilidade, mediante concurso de méritos, do posto de traballo de inspector xefe do corpo da policía local do concello de Vilanova de Arousa. Posteriormente, no mesmo boletín, no número 25 correspondente ao 7 de febreiro de 2022, publicouse unha modificación puntual das bases do dito proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes para participar nel será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da oportuna resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica do concello.

Vilanova de Arousa, 7 de febreiro de 2022

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde