Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17144

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 3 de novembro de 2021 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Folgoso do Courel (Lugo).

Advertido erro no texto da referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 16 de novembro de 2021, cómpre facer a oportuna corrección.

Na páxina 56345, no número 2, onde di: «...a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia», debe dicir: «...a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio o Plan xeral de ordenación municipal no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia».

E no número 3, onde di: «o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico», debe dicir: «o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente, unha vez inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico».