Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión do risco de inundación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa (ciclo 2021-2027) (expediente 2020AAE2518).

De acordo co artigo 25 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise pública a Resolución do 22 de febreiro de 2022 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión do risco de inundación da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa (ciclo 2021-2027).

Esta declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código: 2372/2020.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático