Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17207

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), modificada pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 176, do 13 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar os resultados obtidos polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo), no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron un resultado de apto/a.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación cos resultados no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

Ángel Romero Baleirón
Presidente del tribunal