Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os inicios do procedemento sancionador por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 05-01-2022/2.1.E e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedara supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que segundo o disposto no punto 3, do artigo 37.bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no BOE, para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que consideren oportunas, documentalmente acreditadas, dirixíndoas á oficina de emprego que lle corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas durante ese prazo poderán comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas que se, transcorrido o devandito prazo, non achegan alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlles a resolución pertinente.

Lugo, 24 de febreiro de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Fidel González Graña

05-01-2022/2.1.E

Inicio procedemento sancionador

O Corgo

2

Raúl Ángel Rocha Blanco

18-10-2021/2.1.E

Inicio procedemento sancionador

Lugo

3

Bruno Manuel Rodrigues da Silva

18/01/2022/2.1.A

Inicio procedemento sancionador

Lugo

4

Mónica María Santana Llano

25/01/2022/2.1.E

Inicio procedemento sancioandor

Lugo

5

Ciprian Huluta

07/01/2022/2.1.A

Inicio procedemento sancionador

Lugo