Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 367/2022).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación ao propietario, ao non constar domicilio nin número de NIF, faise pública a incoación de expediente/s de orde de execución polo estado de parcela, para comparecencia dos interesados.

Nº expte.

Asunto

Propietaria

Ref. catastral-localización da parcela

367/2022

Orde de execución-xestión de biomasa vexetal de parcela

Josefa Marán Buceta

36005A089002980000TS no Somonte-Caldas de Reis (Santa María)

Os interesados dispoñen dun plazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, presentaren alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 17 de febreiro de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente