Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 11 de marzo de 2022 Páx. 17288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da ampliación da oferta de emprego de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 39, do venres 25 de febreiro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra na ampliación da OEP 2021.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 17 de febreiro de 2022, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na ampliación da oferta de emprego público do ano 2021, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Denominación: técnico medio, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 2. Denominación: subalterno, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 2. Denominación: traballador social, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: bombeiro-condutor, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: oficial electricista. Das catro prazas convocadas, dúas cubriranse mediante o procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial condutor mecánico, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial xardineiro, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de obras, mediante o procedemento de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 28 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura