Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2021809AECO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2021809AECO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2021809AECO.

Documento de identificación: 49200949Q.

Último enderezo coñecido: rúa Cidade de Lugo, 23, baixo, 15004 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.001,00 €.