Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2022, da Área Provincial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-5/2019.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 28 de febreiro de 2022

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 5.6.2019)
Belén da Riva López
Xefa do Servizo Técnico de Lugo

ANEXO

Expediente: EDH LU-5/2019.

DNI/NIE/NIF: 33549256F.

Acto de notificación: resolución de caducidade expediente de desafiuzamento.