Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17383

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de outubro de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 10 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2021), modificada pola Orde do 29 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 90, do 14 de maio) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 198, do xoves 14 de outubro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 50354, no punto terceiro, na táboa de redistribución do crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, onde di: «Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC», debe dicir: «Fundación Profesor Novoa Santos», polo que a dita táboa queda da seguinte maneira:

Aplicación

Entidade

Núm. de axudas

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

06.A2.561A.403.0

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

1

25.800,04

60.100,00

39.600,00

18.799,96

144.300,00

06.A2.561A.481.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

5

69.466,83

159.500,00

182.000,00

106.533,17

517.500,00

06.A2.561A.481.0

Fundación Profesor Novoa Santos

3

47.866,75

158.800,00

152.300,00

55.933,25

414.900,00

Total

9

143.133,62

378.400,00

373.900,00

181.266,38

1.076.700,00