Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se require documentación no expediente 15/50161/18/A de axudas para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación no expediente 15/50161/18/A de axudas para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas dos servizos de explotacións agrarias nas xefaturas territoriais que correspondan da Consellería do Medio Rural, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento e a constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada terá un prazo de 10 días, a partir da data de notificación, segundo o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para que emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos. De non producirse a corrección no prazo indicado, entenderase que desistiu da súa petición. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o devandito prazo para presentar a documentación se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 15/50161/18/A de axudas para a creación de empresas para persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A).

DNI: 53160090Y.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: rúa rolda de Nelle, número 9, 8º, 15007 A Coruña.