Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 22 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 e nova acometida DN 8 de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo, promovida pola empresa Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2021/1-2).

Para os efectos previstos nos artigos 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista que leva por título Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 e nova acometida DN 8 de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), que promove a empresa Nedgia Galicia, S.A.

Peticionario:

Nedgia Galicia, S.A. con CIF nº A-15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

1. O 4.3.2008 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. (actualmente Nedgia Galicia, S.A.) a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2005/19-0), publicada no Diario Oficial de Galicia o 7.4.2008 e no Boletín Oficial da provincia o 2.4.2008.

2. O 25.11.2021 a empresa Nedgia Galicia, S.A., presentou solicitude de autorización administrativa e a aprobación da execución do proxecto Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 e nova acometida DN 8 de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo) (expediente IN627A 2021/1-2).

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista, denominado Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 e nova acometida DN 8 de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo).

Descrición das instalacións:

O proxecto de referencia recolle as seguintes instalacións:

– 5 m de tubaxe en aceiro DN 8 correspondente á ampliación de rede de gas natural, en MOP 16 bar con conexión inicial na rede existente RA A-1008.06 e conexión final na parcela de referencia catastral 3889202PJ2338N no T.M. de Cervo (Lugo).

– 7 m de tubaxe en aceiro DN 8 correspondente á acometida de gas natural en MOP 16 bar con conexión inicial na rede descrita anteriormente e con final na parcela de referencia catastral 3889201PJ2338N no T.M. de Cervo (Lugo).

– Instalacións auxiliares:

◦ 1 válvula de acometida de DN 8.

◦ 1 válvula de seccionamento de DN 8.

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta o termo municipal de Cervo na provincia de Lugo.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de vinte e catro mil cento oitenta e seis euros con trinta e seis céntimos (24.186,36 €).

Afección a predios particulares:

Non se indica a existencia de afeccións a predios particulares.

O que, de acordo coa normativa invocada, se fai público para coñecemento xeral e para que aquelas persoas que se consideren afectadas polo proxecto titulado Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para a ampliación de rede DN 8 e nova acometida DN 8 de gas natural á industria Aluminio Español, S.L.U. en MOP 16 bar no termo municipal de Cervo (Lugo), poidan examinalo nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Lugo, 22 de febreiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo