Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2022 Páx. 17498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a catro prazas de técnico/a medio/a de xestión, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 256, do 7 de novembro de 2014, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e de persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Igualmente, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicada unha modificación desas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 299, do 31 de decembro de 2021, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o seguinte proceso selectivo:

Decreto 11377/2021, do 22 de decembro: catro prazas de técnico/a medio/a de xestión, escala de administración xeral, subescala: xestión. Grupo de titulación: A (subgrupo A2). Sistema selectivo: concurso-oposición. Quenda: promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 10 de febreiro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos