Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 15 de marzo de 2022 Páx. 17635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta de parcelas incluídas no ámbito do Plan especial de equipamento de Cela en solo rústico, destinadas a viario público.

Con data do 24 de febreiro de 2022, o concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras desta corporación ditou resolución pola que se acorda incoar expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a adquisición de parte das parcelas catastrais 4435909NH5943N0001GE e 4435910NH5943N0001BE, sitas en Cela, incluídas no ámbito do Plan especial de equipamento de Cela en solo rústico, destinadas a viario público, que se aprobou definitivamente polo Acordo do Pleno do Concello de Cambre do 31 de xaneiro de 2019 (DOG nº 54, do 18 de marzo e BOP nº 69, do 10 de abril), e aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta para tal fin redactado polo enxeñeiro técnico agrícola José Manuel Rumbo Naya.

En cumprimento do disposto na lexislación vixente, sométese a información pública o dito proxecto de expropiación durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinalo nas oficinas da Área de Urbanismo, das 9.00 ás 14.00 horas os días laborables e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade cos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, informando que contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do dereito a formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambre, 24 de febreiro de 2022

O alcalde
P.D. (R.A. nº 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras