Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de marzo de 2022, do Servizo Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-105, treito A Ponte Sevilla (punto quilométrico 0+000-0+850), na OU-536, treito Rabaza (punto quilométrico 0+790-2+320) e na avenida de Ponferrada (punto quilométrico 0+000-1+140), de clave OU/16/271.06, no concello de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, 1 (Ourense), e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 7 de marzo de 2022

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado

6

Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-105, treito A Ponte Sevilla (punto quilométrico 0+000-0+850), na OU-536, treito Rabaza (punto quilométrico 0+790-2+320) e na avenida de Ponferrada (punto quilométrico 0+000-1+140), de clave OU/16/271,06, no concello de Ourense

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación, o 28.3.2022, ás 12.30 horas

17

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

18

Novoa Torres, Josefa

23

Vila, Ramón

43

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

A1

Dominio público segundo o Catastro

Convocatoria para formalizar a acta de ocupación o 18.5.2022, ás 12.30 horas

A2

Dominio público segundo o Catastro

A3

Dominio público segundo o Catastro

A4

Dominio público segundo o Catastro

B1

Dominio público segundo o Catastro

C1

Dominio público segundo o Catastro