Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Bea IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Bea IV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 14 de xaneiro de 2022, Martín de la Torre Cerviño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante aceptación e adxudicación de herdanza e, sucesivamente, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Bea IV.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Martín de la Torre Cerviño (***1634**), Marcos de la Torre Cerviño (***1029**), Salvador de la Torre Iglesias (***9560**), Concepción Pousada Carballo (***9865**), Miguel Ángel de la Torre Iglesias (***9559**), Rosalina Santos Núñez (***1213**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**), Eva María Boullosa Tilve (***0887**), Manuel de la Torre Graña (***9036**), María del Carmen Corbacho Rodríguez (***1056**), Beatriz de la Torre Graña (***9100**) e Óscar Villanueva Moreira (***9803**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bea IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 82.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Martín de la Torre Graña (***9100**), Olga Cerviño Vázquez (***9128**), Salvador de la Torre Iglesias (***9560**), Concepción Pousada Carballo (***9865**), Miguel Ángel de la Torre Iglesias (***9559**), Rosalina Santos Núñez (***1213**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**), Eva María Boullosa Tilve (***0887**), Manuel de la Torre Graña (***9036**), María del Carmen Corbacho Rodríguez (***1056**), Beatriz de la Torre Graña (***9100**) e Óscar Villanueva Moreira (***9803**).

Novos titulares: Martín de la Torre Cerviño (***1634**), Marcos de la Torre Cerviño (***1029**), Salvador de la Torre Iglesias (***9560**), Concepción Pousada Carballo (***9865**), Miguel Ángel de la Torre Iglesias (***9559**), Rosalina Santos Núñez (***1213**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**), Eva María Boullosa Tilve (***0887**), Manuel de la Torre Graña (***9036**), María del Carmen Corbacho Rodríguez (***1056**), Beatriz de la Torre Graña (***9100**) e Óscar Villanueva Moreira (***9803**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de febreiro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo