Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 16 de marzo de 2022 Páx. 17873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 4 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Coto Loureiro, nos concellos da Laracha e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2018/37).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/Promotora: Adelanta Corporación, S.A. (CIF: A-32015547).

Domicilio social: parque de San Lázaro, nº 7, andar 1, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Coto Loureiro (expediente IN408A 2018/37).

Concellos afectados: A Laracha e Cerceda (A Coruña).

Potencia que se instalará: 50 MW.

Número aeroxeradores que se instalarán: 13 ud. × 3,6 MW + 1 ud. × 3,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 153.821 MWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes a potencia nominal: 3.076 horas.

Orzamento de execución material: 40.678.735 €.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Coto Loureiro

ADE

ADE Pedrouzos e ADE Pico Cedeira

Parque eólico Coto Loureiro

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

540.000

4.786.200

A Laracha

2

542.500

4.785.000

A Laracha

3

543.000

4.781.500

Cerceda

4

542.000

4.781.500

Cerceda

5

539.000

4.782.800

A Laracha

6

533.500

4.783.900

A Laracha

7

533.500

4.784.500

A Laracha

8

539.000

4.785.000

A Laracha

Parque eólico Coto Loureiro

Aeroxerador e potencia

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1 (3,6 MW)

534.615

4.784.110

A Laracha

2 (3,6 MW)

534.961

4.784.034

A Laracha

3 (3,6 MW)

536.070

4.784.017

A Laracha

4 (3,6 MW)

536.429

4.784.015

A Laracha

5 (3,6 MW)

536.845

4.783.988

A Laracha

6 (3,6 MW)

537.512

4.784.260

A Laracha

7 (3,6 MW)

537.828

4.783.691

A Laracha

8 (3,6 MW)

538.714

4.784.098

A Laracha

9 (3,2 MW)

540.124

4.784.283

A Laracha

10 (3,6 MW)

540.433

4.785.513

A Laracha

11 (3,6 MW)

540.744

4.785.261

A Laracha

12 (3,6 MW)

541.180

4.785.148

A Laracha

13 (3,6 MW)

541.547

4.785.010

A Laracha

14 (3,6 MW)

541.744

4.784.712

A Laracha

Parque eólico Coto Loureiro

Vértices da subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A

537.965

4.783.581

A Laracha

B

538.028

4.783.551

A Laracha

C

538.007

4.783.506

A Laracha

D

537.943

4.783.536

A Laracha

Características técnicas da instalación:

• Catorce (14) aeroxeradores tripá, modelo V136 de Vestas, trece deles de 3,6 MW de potencia nominal unitaria e o restante de 3,2 MW, con velocidade variable e paso variable, altura ata a buxa de 105 m e un diámetro do rotor de 136 m.

• Catorce (14) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de potencia aparente unitaria 3.750 kVA e relación de transformación 0,65/30 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, manobra e protección.

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) integrada basicamente por dous sistemas eléctricos (de tensión 220 e 30 kV, respectivamente) e un transformador de potencia elevador. Tamén dispoñerá dun edificio de control con salas independentes para distintos usos. As principais características son:

– Parque de 220 kV en intemperie, formado por dúas posicións de liña e dúas posicións de transformador (tanto unha posición de liña como unha posición de transformador considéranse de reserva e a súa construción non será obxecto deste proxecto), dotadas coa correspondente aparellaxe en 220 kV, de tipo convencional.

– Parque de 30 kV: parte deste sistema situarase na sala de celas (no interior do edificio de control), o seu esquema será de simple barra e dispoñerá das seguintes celas: unha (1) cela de seccionamento e medida, catro (4) celas de manobra, medida e protección para as liñas colectoras procedentes dos aeroxeradores con conexión nesta subestación, unha (1) cela de protección do transformador de potencia, unha (1) cela de protección de baterías de compensación e unha (1) cela de protección do transformador de servizos auxiliares (SSAA). Ademais, instalarase un transformador de SSAA de 100 kVA e relación 30/0,4 kV. No parque exterior localizarase a reactancia de posta á terra no transformador de potencia e a aparellaxe de 30 kV.

– Transformador de potencia elevador, con relación de transformación 220/30 kV, de tipo intemperie e con potencia aparente 50 MVA (ONAN/ONAF).

• Un sistema colector de media tensión (MT) formado por catro circuítos de 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a SET. O tipo de cable utilizado para esta rede será o condutor unipolar de aluminio con illamento en polietileno reticulado, tipo RHZ1-OL Al 18/30 kV + H16, de diferentes seccións (240 e 400 mm²).

• A posta á terra da rede de MT está constituída por un cable de cobre nu, de sección 50 mm², tendido ao longo da canalización de MT, no fondo dela. A rede de terras xeral do parque eólico (PE) forma un conxunto equipotencial.

• Pola mesma gabia que as liñas de MT instalarase unha rede de comunicacións que utilizará como soporte un cable de fibra óptica e que se empregará para a monitorización e control do PE.

• O PE Coto Loureiro conectarase á rede eléctrica de transporte no nó Mesón do Vento 220 kV, de REE e actualmente en servizo. As infraestruturas de evacuación do PE Coto Loureiro non forman parte do presente proxecto e serán obxecto dos seguintes expedientes independentes:

– LAT 220 kV evacuación do parque eólico Coto Loureiro e SE Monte Inxeiro ampliación 220 kV, nº de expediente IN408A 2021/36, actualmente en tramitación e promovido por Adelanta Corporación, S.A.: consiste nunha liña aérea en tensión de 220 kV desde a SET do PE Coto Loureiro ata a nova subestación (SE) Monte Inxeiro ampliación 220 kV, que é contigua á SET do PE Monte Inxeiro.

– Parque eólico Monte Inxeiro, nº de expediente IN408A 2017/25, actualmente en tramitación e promovido por Green Capital Power, S.L.: inclúe no seu proxecto unha liña aérea de 220 kV que vai desde a SET do PE Monte Inxeiro ata o apoio 83 da liña de alta tensión (LAT) 220 kV Campelo-Mesón.

– LAT 220 kV Campelo Mesón, nº expediente IN408A 2018/14, actualmente en tramitación e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U.: a liña aquí proxectada remata na subestación de transporte de Mesón do Vento 220 kV.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto técnico (xaneiro2022-vsdo. 21.1.2022) máis a addenda (febr.2022-asdo.: 9.2.2022).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (agosto 2021-asdo. 1.9/.021).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (febreiro 2021-vsdo. 22.3.2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do concello da Laracha e Cerceda (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/coto-loureiro

A Coruña, 4 de marzo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña